España fatal

Fixen unhas ilustracións co Paint 3D para España fatal, o fanzine máis recente do Cosmonauta Tropical, o meu colectivo creativo favorito. Eles repasaron a actualidade e eu funlles mandando cousas en relación ao que ían comentando sobre El jefe infiltrado, a Familia Real, Madrid, a listeriosis… Máis cousas deles AQUÍ.

jefe infiltraola mechá 2madridmemes 2victoria federica

Mi perra Laika

laika2.jpg

O ano pasado publicouse o número 3 do fanzine El Cosmonauta Tropical, o meu grupo mediático favorito, autores desa cabeceira e doutras como España Hoy, España tal cual, Iker Jiménez… Colaborei facendo unha ilustración co Paint 3D, que é unha ferramenta moi guai se non sabes usala, para o texto “Mi perra Laika”, que me deixan reproducir aquí. Creo que é unha boa mostra da maxia do Cosmonauta, que saca da realidade moitas risas ao tempo que che fai ver o jodido desa realidade. Quizais neste texto xa se avanzaba a maneira na que funcionan os medios e a política hoxe, non sei. Neste número do Cosmonauta tamén colaborou esta lista de persoas de fantasía: Anxo F. Couceiro, Begoña García-Alén, Berto Fojo, Carleti, Amparo Dopico, Isabel Fernández Reviriego, Juan F. Navazas, Leo Sousa, María Villamarín, Natalia Umpierrez, Nuria Figueiredo, Olmo Cuña, Pepa Prieto, Rocío Quillahuaman, Santi Z, Sara García y Teresa Ferreiro. Podedes mercar as súas cousas aquí.

Mi perra Laika es una perrita blanca con manchas negras y marrones así más bien palleira. Mi perra Laika es muy buena y le gusta mucho perseguir gatos, hacer agujeros en el jardín y jugar a la pelota conmigo o con mi hermana. Mi perra Laika tiene una caseta pero vive en el fondo del jardín atada a un palo con una cadena. Mi perra Laika no es mi perra y ni siquiera estoy muy seguro de que siga viva. Laika era un pobre animal propiedad de Cani. Cani era un repetidor dos años mayor que acabó en nuestra clase en segundo de la ESO y siguió en nuestra clase hasta que volvió a repetir en segundo de bachiller. Cani era una presencia inquietante debido a su similitud con un morlock o una larva y a que era apodado Cani por Caníbal, pero con los años acabamos cogiéndole cariño. Gran contador de historias y trolas e imitador muy celebrado no tanto por la calidad de sus imitaciones sino por la comicidad inherente a su persona. Una de las razones del éxito escolar de Cani se debía a su perra Laika.

 
Mi perra Laika era la protagonista de una maravillosa redacción, una bella muestra de amor fraterno entre un chico y su perra, cuya lectura hacia saltar una lagrimilla en los ojos de cualquier lector. Un panegírico dedicado a un cuzo digno de un emperador o divinidad. Puede que Laika no fuera la mejor perra del mundo, ni desde luego Cani el mejor dueño del mundo, pero entre ambos existía una relación mágica sobre el papel que ningún hecho real podría romper. La redacción protagonizada por mi perra Laika tenía como objetivo nublar el pensamiento racional arrojando tantos sentimientos y emociones a la cara del profesor que éste fuese incapaz de juzgarla por su relación con el tema real y se viera obligado a aprobarle. Y funcionaba.

laika

 
Nadie entendía muy bien por qué pero Cani conseguía aprobar casi cualquier trabajo o redacción del ámbito de las humanidades, las ciencias sociales o los idiomas hablando de su perra Laika. Diciendo literalmente lo mismo sobre su perra Laika, porque más allá del primer párrafo el texto era siempre idéntico.

 
“El poblamiento disperso en el rural, por Cani Loquecoñosea:
En esta zona las casas están muy dispersas porque la gente tiene ganado y necesita mucho espacio para alimentarlo. El ganado suelen ser vacas. Además en las casas hay cerdos gallinas y perros. En mi casa tenemos gallinas y un perro. Mi perra Laika es una perrita…”

 
Con unas escasas líneas a modo de distracción sobre el tema a tratar se despacha cualquier duda razonable y se procede a la glosa de Laika. Esto también funcionaba en inglés e incluso en francés, my dog Laika o ma chienne Laika también cosecharon grandes éxitos muchos años consecutivos.

 
En los exámenes o trabajos más específicos Cani no tenía tanta suerte y era un visitante habitual de reválidas y exámenes de recuperación. Quizá el éxito de mi perra Laika le hizo confiarse y no dedicar el suficiente esfuerzo a las demás materias. Quizá Cani fuera gilipollas. Quizá simplemente se la sudaba todo, y sí que fuera un poco tonto.

 
No lo sé, no me toca a mí juzgar las capacidades cognitivas de Cani, menos teniendo en cuenta que probablemente tenga mucho más éxito que yo ahora mismo, pero lo que está claro es que en un momento de brillantez creó una de las mejores obras de la literatura occidental contemporánea, mi perra Laika. Si creemos que una obra literaria debería ser capaz de expresar las circunstancias y sentimientos del autor, está claro que mi perra Laika es una genialidad.

 
Como la destrucción de los budas de Afganistán, los cuadros quemados de Van Gogh o los escritos perdidos de Kafka, la pérdida en algún archivo de instituto de todos los originales de mi perra Laika constituye una tragedia en la que la Unesco debería tomar medidas. “Mi perra Laika es una perrita blanca con manchas negras y marrones…”

 

Entrevista a Leo Sousa

finalbarrenderossss_606

Leo Sousa é un dos meus artistas favoritos. Aquí arriba podedes ver un collage que fixo para El Cosmonauta Tropical que me encanta, e podedes ver case todo o que fixo na súa web ou nas súas redes. Sempre me fai cuestionarme cousas, fala da miña realidade dunha maneira crítica e non me aburre nunca. Reaprópiase e modifica imaxes dunha maneira que me gusta moito, e ademais ten humor, que sempre é máis fácil ser superserio. Fíxenlle unha entrevista para VINTE falando do seu traballo, e eles tamén lle encargaron a primeira ilustración da colección que acaban de arrincar. Eu non sei moito de ilustración nin de deseño pero si que había bastantes cousas polas que tiña curiosidade, como a cuestión de facer arte popular ou as implicacións de traballar por encargo en vez de desenvolver obra autónoma.

Aquí debaixo póñovos unha cita do que saíu publicado:

Se poño un peixe tento que sexa un peixe que recoñeza todo o mundo. Non sei se me explico: se son un especialista en peixes [risas] igual coñezo moitas especies de peixe que á xente lle resultarán alleas. Eu tento que o que fago sexa o máis popular posible, que as imaxes poidan recoñecerse a primeira vista, e aí radica a forza. Hai imaxes que xa evocan a calquera un impacto, porque teñen unha carga simbólica moi forte, e non teñen que ser unha cruz cristiá ou unha esvástica: unha cafeteira evoca moito, e unha cafeteira italiana, que usa todo o mundo, vai evocar máis que unha cafeteira de deseño de cores, que será máis allea.

E outra do que quedou fóra da edición:

Se enfocase o meu traballo como unha actividade artística, artística de museo ou de exposición, de estudio, iso sería interesante porque podería traballar sobre ideas, traballar sobre técnicas e de aí extraer as cousas. Aínda que siga pensando a arte gráfica como algo práctico paréceme interesante aplicar outras estéticas máis contemporáneas a min ao resultado final. É máis arriscado. O que me preocupa é que ves que moitas veces quen as aplica son movementos hipervangardistas que non entende nin Dios e que son moi pechados en si mesmos, ou Nike e as grandes marcas. Ou ves grandes estrelas da música e grandes divas que usan ese tipo de recursos, pero realmente boto en falta que se use dunha forma máis popular. Ou cunha mensaxe máis popular detrás, polo menos. Que non sexa tanto unha hiperabstracción vangardista ou a venda dun produto. Pero as grandes marcas usan ese tipo de ruídos porque saben que funcionan. O glitch obviamente funciona, porque por un lado ten un punto de que mola e non sabes moi ben por que. Ten un punto de que é algo novo, diferente… Pero bueno, as grandes marcas usan o glitch e ao mesmo tempo usan a fotocopia, esas tramas de serigrafía… A publicidade usa moito iso porque está xogando con emocións. Iso é o que quería dicir antes co ruído. Eu creo que o ruído suxire emocións. Ti miras os filtros de Instagram e ofréceche filtros imitando foto analóxica. Tes un filtro do século XXII? Non, tes un filtro de principios do século XX, cámara lomográfica ou non sei que, porque son emocións, son recordos que aínda que non os vivises (que eu non os vivín, que nacín no 90 e non teño tanta bagaxe dese tipo de imaxes) telos igual en base á cultura da televisión, a cultura dos libros…