Pop e amor con Columna Vegana

May be an image of 3 persoas
Foto collida do Facebook de Columna Vegana

Hoxe estiven no Diario Cultural Zeta da Radio Galega falando con Antonio Méndez sobre Columna Vegana, que compartiron as súas opinións sobre a diferenza xeracional dentro do proxecto, o público ao que se dirixen, o amor e o pop. Podedes escoitar o podcast neste enlace e ler a versión en texto (algo máis matizada e se cadra algo máis caótica porque aquí, para ben ou para mal, non hai límite de espazo) a continuación. Recomendo comezar escoitando o “Himno do amor”.

Cando vou colaborar no Diario Cultural Zeta e teño que pensar que temas levar, ás veces rállome. Pásame por dous motivos. Un é que non sei quen está ao outro lado: non sei se está escoitando xente nacida no 2005 ou xente nacida no franquismo. Outro é que non son da xeración zeta, e entón non quero darmas de entendido sobre tendencias das que seguramente vou enterarme bastante tarde. Busco un equilibrio entre o que me gusta, o que fai xente máis nova ca min, o que penso que pode interesarlle a esas persoas… pero logo doulle clase a xente moi nova (de dez ou doce anos menos ca min) e intúo que hai certa distancia nas cousas que nos interesan e en como vemos a vida. Así que, pensando nisto, pareceume bonito preguntarlles a Columna Vegana como levan eles a cuestión da diferenza xeracional, porque o seu vocalista Estevo naceu a comezos dos 80 e Corbi, que toca a guitarra e os sintetizadores, naceu unha década máis tarde.

Estevo: Para falar da diferenza xeracional entre Corbi e máis eu creo que é importante contextualizar co lugar onde naceu Columna Vegana, que foi o Liceo Mutante. O Liceo Mutante foi creado por xente da miña xeración, nacidos a comezos ou mediados da década de 1980, hai dez anos. Pero hai cinco anos chegou unha nova fornada, unha nova xeración, que son os que chamamos os “young ones”, e foi moi enriquecedor para o Liceo: novas ideas, moitas ganas, moito espírito… e a raíz disto foi como naceu Columna Vegana. Entón esta diferenza xeracional eu creo que é bastante enriquecedora. É moi divertido compoñer, falar de grupos de música que nos inflúen de distintas formas… retroalimentámonos bastante ben, creo eu.

May be an image of 2 persoas
Tamén do Facebook de Columna Vegana

Escoitando a Estevo dinme conta de que igual o peor que se pode facer é pensar moito en cuestións como estas. Penso que a idade dános uns referentes culturais determinados (especialmente os máis masivos) pero que o importante son as actitudes. Pódese ser vello e non ser un pureta se conservas certa curiosidade polas cousas e non actúas como se estiveses de volta de todo (nin tentas apropiarte de cousas só para crear unha imaxe xuvenil de ti mesmo). No caso de Columna Vegana gustoume precisamente a súa actitude nas dúas cancións que publicaron ata agora: falan de dous grandes temas (o amor e o pop) e ao escoitalos paréceme que fan o esforzo de reflexionar, de formular emocións ou ideas que poden parecer contraditorias… como se o proceso de pensamento sobre algo (no que se xuntan o que as cousas son e o que poderían ser, ou o que sentimos e o que racionalizamos) quedase plasmado na letra e na música. Ten isto relación coas diferenzas xeracionais? Se cadra non moita, pero penso que as cualidades máis admirables da xuventude son a curiosidade e o convencemento (ás veces relacionado coa inconsciencia) e, dalgunha maneira, Columna Vegana transmiten (ou utilizan) iso.

Por exemplo, no texto que acompaña o “Himno do amor” din que teñen “a esperanza, o desexo – ou a inercia – de compartir listas de Spotify para facer a cea en parella”. É esa actitude que recoñece tres elementos tan diferentes detrás do amor a que admiro: unha especie de presentarse honestamente como vítimas dunha construción social pero sen facelo como denuncia, senón como celebración, nun tema no que soan as campás da voda dos pais de Corbi e tamén uns coros apaixoados que me lembran a “This Must Be the Place” dos Talking Heads.

Estevo: A visión do amor que temos Corbi e eu creo que coincide bastante, e penso que, máis alá das diferenzas xeracionais que podemos ter, temos unha mesma visión do amor polo contexto cultural no que nos formamos e do que nos fomos alimentando. Cremos que a visión do amor romántico que se nos viu vendendo é un construto cultural, pero penso que nos últimos tempos está deconstruíndose e nós simplemente queremos achegar outro punto de vista. Nin máis feliz, nin máis correcto, simplemente a nosa visión do amor. Estamos moi felices co amor, cremos firmemente no amor, somos grandes defensores do amor… O amor é felicidade.

Foto de Pablo Patilla

Supoño que a estas alturas xa se entende que o da diferenza xeracional era máis ben unha escusa para botar a andar un texto sobre o amor e o pop, que son dúas cousas relacionadas moi de preto. No que fan Columna Vegana hai un diálogo constante con esa idea do pop e ao mesmo tempo non soan como o pop habitual de hoxe. E o pop fala de moitas cousas, pero normalmente non fala de si mesmo, que é xusto o que fan eles na súa “Canción pop”.

As referencias culturais que compartimos (tamén sobre o amor) son as do pop, precisamente porque non as escollemos (como vai apuntar Corbi máis abaixo no texto). Podo facer un chiste sobre Rosalía ou C. Tangana porque aparecen nos telexornais que vemos eu e meus pais, na radio, nas playlists oficiais das plataformas ou de fondo en La isla de las tentaciones. Algunhas cousas do pop cambian en cada época pero outras permanecen, e por iso podemos recoñecer o que era pop antes do noso tempo. Supoño que calquera entende que “Be My Baby” é pop: algo que pode ser complexo pero non o parece, e que apela ás preocupacións do común da xente. É xusto unha cousa que explicaba Estevo apuntando que se dirixen a un público xeral e non a un en concreto.

Estevo: Cales son as principais inquedanzas da xente? Pois lamentablemente non son as reformas laborais, non son os dereitos das persoas… senón pois outras preocupacións máis mundanas, como… ligar. Hai máis xente con Tinder que afiliada a sindicatos. Bueno, nós, Corbi e máis eu, Columna Vegana, temos grandes preocupacións sociais. Tamén as transmitimos noutras cancións. Pero tamén temos os nosos corazonciños e falamos do amor, e tamén temos as nosas inquedanzas culturais e falamos do pop.

Nesa liña, Corbi mandoume un audio explicando máis polo miúdo a concepción do pop que está detrás da “Canción pop”:

Corbi: Cuando queremos hacer una canción pop apelamos a lo que es una especie de pop atemporal, un pop que siempre ha sido pop y siempre será pop, en esta especie de concepción de cual es la idea de pop mismo. En mi cabeza, y entiendo que será un lapsus generacional entre Estevo y yo, lo que más suena a pop del mundo, el pop más ortodoxo, es Green Day. Y es porque cuando crezco y escucho música, la música que escucho es la que aparece en la radio, la que viene a mí, no la que yo busco, y eso es un poco lo que hicimos en la canción. Cogimos una especie de versión hipertrofiada, distorsionada de Green Day para darle este matiz de la mítica cosa “más real que la realidad”. Está claro que nuestra canción no se parece demasiado a Green Day, pero en su centro compositivo sí hay esa referencia, sí hay esa cosa metanarrativa que ya decía Estevo, de “estrofa e retrouso”.

May be an image of 2 persoas
Foto de César Patiño

Estevo falaba dese carácter autorreflexivo apuntando á súa formación como filólogo, que fai que lle guste a literatura que fala da literatura e os metadiscursos en xeral, ademais de sinalar o interese de que haxa un debate sobre o que é o pop. A ese respecto, o debate que formulan Columna Vegana pode facernos repensar que relación ten o pop co son, coa industria, co carácter masivo… Todo se cadra desde esa actitude que describía inicialmente, na que celebran cousas das que sinalan os seus problemas, acadando esa cualidade escasa de ser divertidos e serios a un tempo. Corbi mandoume un audio de dez minutos no que apunta polo menos tres claves:

1: Me parece que el centro sobre el que pivota Columna Vegana es una especie de performance, de actitud performativa del estrellato. No hasta sus últimas consecuencias, pero sí en lo básico: un grupo que pretende estar dentro de esta especie de veta histórica de la fama y la gloria pero viviendo, y siendo, y ejecutando la absoluta miseria.

2: Me parece como que el “pop” nunca intentó asaltar los cielos, o que iba con la boca pequeña. Se admitía que había un arte erudito del que la Rolling Stone o la Rockdelux hacían de portavoces, de una especie de fuego sagrado de Bob Dylan y la historia del rock, y Britney Spears no tenía nada que decir ni que hacer para atreverse siquiera a sugerir que era un arte. Y sin embargo ahora el pop, sin preguntar a nadie, sí que ha exigido una parte del pastel de ese podio. Ya sin meterme a cosas como el trap, del que no tengo ni zorra idea. En general no tengo ni zorra idea de lo que estoy diciendo, pero si que creo que la producción musical de Rosalía o C. Tangana parte de tener esa pulsión de representar un arte más alto. Bebemos de esa inercia en la que tanto C. Tangana como Rosalía como Bad Bunny de alguna manera intentan proponer algo de elegancia en su discurso aún siendo totalmente masivo. Y nosotros somos como la versión de Aliexpress de ese mismo proceso, en tanto que hacemos la cosa más evidente posible con la letra más evidente posible. En vez de sugerirlo, en vez de invitar a la reflexión, atacamos directamente el problema.

3: Creo que Columna Vegana, y este es el punto de todo, es un grupo que lo que pretende es triunfar en el karaoke, y para poder triunfar en el karaoke tiene que ser pop. O puede utilizar el pop. Pero que tenga una orquesta, que tenga un grupo de bajo guitarra y batería, que tenga una sección coral y un piano es absolutamente irrelevante a la hora de que la canción funcione sola, y la podamos cantar y sea un hit. Y con que sea un hit no quiere decir que salgamos efectivamente en radio 3, o que salgamos en la portada de la Rolling Stone. Todo eso va implícito dentro de la misma propuesta, que al final acaba siendo tocar en el Liceo. Creo que ese es el punto, porque en el Liceo hacemos un montón de karaokes, y a lo que aspiramos es a estar en esa misma posición del otro lado, de la canción que es cantada.

May be an image of 3 persoas
Foto de Denís

Ao final, se Columna Vegana é a versión de Aliexpress do pop (ou unha delas) non é porque sexa unha copia industrial barata. Máis ben sería por ser unha versión accesible e democrática: o pop vénnos normalmente dado polas grandes corporacións e pensado para unha especie de masa impersoal, pero con sorte despois podemos apropiarnos del e facer do masivo algo popular. O karaoke é en certa maneira símbolo desa apropiación que fan Corbi e Estevo. A “Canción pop” soa como interpretada nun karaoke, con comentarios e pequenos berros polo micro nos momentos nos que non hai letra, e como se houbese moita xente asomando polo micrófono. O centro non son os miles de estímulos e a forza do son do pop, senón se cadra a sensación de grandeza e de compañía que nos proporcionan cando o utilizamos. E esas sensacións poden aparecer con dez mil persoas no Madison Square Garden, pero tamén con dez no Makumba ou no Liceo Mutante, así que lembralo é bonito.