Xente bonita 2: Hugo en Nova York

Lamprea Explosiva teñen unha canción que se chama “Xente bonita” que di “non queremos ser un produto máis, queremos sentir, queremos expresar e coñecer xente bonita, e coñecer xente guay”. Paréceme moi importante falar de como moitas veces o mercado e as paixóns non van da man, senón que baten. Penso moito niso cando vexo como moitas amigas e amigos que fixen cando tiñamos máis tempo libre teñen que renunciar a moitas das cousas que adoran polo traballo.

Pensando niso tiña a idea de facer pezas sobre amigas e amigos meus para falar desa tensión e celebrar a amizade, que é unha maneira de resistir ás forzas que gobernan o mundo, e xogar un pouco. Hai dous anos fun ver a Hugo a Nova York, onde el estaba facendo a tese en química orgánica contratado na universidade, e entrevisteino e graveino cando me deixou, e monteino estas semanas co que penso neste momento, que tampouco é que cambiase demasiado en dous anos. Ao principio leva unha voz en off e aí xa se explica un pouco todo.

O vídeo está colgado no Prenom Arquivo, onde xa hai xuntos unha chea de rexistros de cousas da vida, e tamén despois deste parágrafo. Antes deste fixera outra peza que se chamaba “Xente bonita” na Chanfaina Lab e penso que está ben ver en que se parecen e diferencian as dúas: quedou apuntada nesta entrada do blog.

Adeus Feijóo

adeus feijoo

Estaba vendo os Desayunos de TVE e saía Feijóo e púxenme moi nervioso porque sempre retorce a realidade sen ningunha vergoña. Quiteille o son e puxen a Emilio José, primeiro a opción obvia e logo “A amizade” e o cinismo do presidente (que é unha das cualidades que máis odio) acabou dándome igual porque primeiro me deu risa e logo tenrura. Estou contento porque as cancións (falen do que falen) sexan quen de borrar rapidamente sentimentos horribles, pero tamén estou preocupado. Dentro de dous días hai eleccións e levo semanas compartindo información sobre unha chea de problemas que hai en Galicia que son responsabilidade dese señor:

 

 

 

 

 

 

 

Digo que levo semanas facendo isto porque non me costa nada atopar motivos para querer que perda o PP en cousas que pasan na miña vida diaria, sexa porque miña nai traballa no Sergas (e leva anos queixándose da falta de recursos e de persoal), porque miro os informativos da TVG (ata que me poño nervioso de máis), porque tiña os aforros nunha caixa, porque traballo na investigación ou porque me gustaría que emigrasen menos amiguis. Aínda que en realidade non é tanto cousa do que me afecte a min como cousa do que afecta a todo o mundo, do público. Pero sobre todo é que estou canso de poñerme nervioso e de perder o tempo en queixarme, que é unha cousa negativa. Case todo o debate xira arredor de Feijóo e o malo ou bo que é (ou de se é invencible), e gustaríame esquecer esa sensación, e que xirase arredor de cousas bonitas, de ideas para un país máis xusto e máis vivo. Ou ter a impresión de que quen está na presidencia non é unha mala persoa. Isto que digo é tan vago que ou ben sona ridículo ou ben sona a eslogan, pero bueno, tendo en conta estas cousas votei por correo polo Bloque e teño a ilusión de pensar nun mundo algo mellor a partir do luns.

* A imaxe é unha versión co Paint 3D da portada de “Adeus Feijóo”. Realmente igual non é o máis adecuado partir dunha canción que di “Touriño xa se foi, xa extirpamos o tumor. BNG, jajaja, se por min fora sempre na oposición” para explicar isto, pero bueno, é que me gustan moito o debuxo e a canción.

 

Rock de pirola

bon_scott_getty.jpg

Escribín un artigo para Sobre as cousas que en teoría vai sobre o concepto do rock de pirola, pero en realidade vai máis ben sobre a masculinidade, así que debe ir tamén sobre o patriarcado. Cando falo sobre música teño a sensación de dominar máis ou menos o tema, así que así teño un pouco de equilibrio para tratar unha cuestión sobre a que sempre dubido. Quería aproveitar para facerlle aquí un apéndice e incluír cousas que fun atopando ou lembrando e para as que alí non tiña espazo, como as imaxes de músicos homes sen camiseta. O texto, que utiliza o termo “pirola” 19 veces, podedes lelo aquíe debaixo van esas movidas que me parecía interesante compartir:

1. Este extracto de Ropa música chicos, as memorias de Viv Albertine, que me pareceu que ilustra bastante ben o tipo de cousas nas que teñen que pensar as mulleres que tocan nun grupo e que para os homes poden ser anatema:

“En un determinado momento se produce una discusión porque le digo a Palmolive que debería ponerse sostén cuando toca. Aporrea la batería con tal desenfreno que las tetas le saltan de un modo exagerado. Me responde que es una persona libre y que ella es así, ¿por qué tendría que cambiar? Afirma que no llevar sostén refleja una actitud más feminista que llevarlo. Le digo que, aunque tiene toda la razón, la imagen que ofrece mientras toca no se ajusta a sus ideales.

– Nadie nos va a tomar en serio si la gente no puede quitar los ojos de tus tetas. Ni siquiera yo puedo dejar de mirarlas cuando tocas. No queremos que el público venga a vernos por esa razón.

Ya sé que Palmolive es salvaje e indómita, que no lo hace por una cuestión sexual, pero la mayoría de la gente no ha visto jamás a una chica tocando la batería y en lugar de prestar atención a su interpretación y de pensar lo buena que es, están fascinados viendo cómo le botan las tetas. Al final llegamos a un acuerdo y Palmolive acepta ponerse un body para sujetar un poco su delantera.”

red hot chili peppers.jpg

2. Tamén sobre as Slits, a comparación que fago entre elas e os Clash penso que é algo que dixo de maneira bastante parecida a historiadora punk Helen Reddington na conferencia KISMIF de Porto en verán do ano pasado. Ela opinaba, se non lembro mal, que o termo post-punk tiña unha raíz machista porque servira para excluír ás Slits ou as Raincoats da xénese do punk cando, para ela, o seu rol era fundamental por como abriu a paleta musical do movemento máis aló do rock de garaxe. E aínda así penso que o centro do canon do punk sería máis ben Clash, Ramones, Sex Pistols. Conta máis aquí.

3. Este artigo de Kathleen Hanna para NME, que empeza xa dicindo algo que me parece moi inspirador e que é un pouco o que tiña na cabeza para escribir:

“Encantaríame escoitar a homes falando sobre a masculinidade e o dano que lles fai. Homes falando entre eles e a través de cancións sobre o xeito no que os roles de xénero tradicionais lles impiden ter o rango completo de emocións, poñéndoos nun lugar no que se supón que teñen que ser quen trae o pan á casa cando se cadra non é o que queren ou poden facer, e ensinándolles que a única maneira de conectar entre eles é a través do sexismo ou o racismo ou a homofobia”.

ian mackaye.jpg

4. “Suggestion”, de Fugazi, por ser unha canción feita por homes na que se lles pide aos homes que se poñan no lugar dunha muller. Supoño que os exercicios de empatía son o método que pode facer que o machismo perda terreo. No artigo de Kathleen Hanna, ela fala da canción, e tamén o fai Gareth Hutchens neste texto en The Guardian, onde recomenda o vídeo no que Amy Pickering (de Fire Alarm) canta a primeira parte da letra:

5. O blog Señoras que hablan de música serviume para atopar cousas moi interesantes de cara a seguir aprendendo e a estudar un pouco a cuestión de como os homes podemos ser útiles á hora de trasladar o feminismo a homes que non escoitan ás mulleres. Por exemplo, unha sección de cancións feministas cantadas por homes, na que estaba “Suggestion”, pero tamén “Male gaze” de Pissed Jeans ou “Valentine’s Day is Over” de Billy Bragg. E tamén uns comentarios sobre un libro de Matthew Bannister, White Boys, White Noise: Masculinities and 1980s Indie Guitar Rock, que me fai pensar de novo que a pirola no rock pode ser máis evidente, pero está de forma máis discreta onde ás veces pensamos que non:

“Para Bannister, el sonido del indie es “el sonido de hombres tranquilos haciendo mucho ruido“, la forma con la que los hombres “sin poder” se reafirman en su reparto del pastel frente a otras masculinidades hegemónicas, a la vez que perpetúan la exclusión de las mujeres. Esto supone desarrollar un intelectualismo y una estética masculina diferenciada, en oposición a las ideologías tradicionales del rock como expresión creativa física y espontánea. (…)

Incómodos ante las identidades de género convencionales de la música mainstream, parecería que los indies se abren a la expresión de los afectos. Sin embargo, según Bannister, cuando se analiza más detenidamente la aparente subversión de ese nuevo (anti)canon de “lo que mola” se entiende que sólo se cuestionan las formas y no el fondo, que sigue reproduciendo privilegios de género, clase y etnia. Para ello, se despliegan nuevas estrategias que poco contribuyen a las relaciones igualitarias, como el infantilismo, el amateurismo, la glorificación de la melancolía y el refuerzo de la desafección cool asociada a la masculinidad de clase media.

heredeiros.jpg

6. Unha Guía básica de empatía coas mulleres pensada para a escena musical que publicou hai tempo Laura Sales en Diagonalcon cousas básicas que a miúdo non pensamos. Por exemplo, unha cuestión sobre a representación feminina nas cancións: en cales aparecen mulleres que fagan algo que non sexa ser a parella dun home? Isto é unha cuestión que non é fácil de analizar por como as letras non sempre son concretas e os personaxes das cancións non están identificados en base ao seu xénero, pero pensalo pode ser bastante preocupante. Non sei, estará ben sempre que haxa música e personaxes que vaian máis aló do estereotipo. Nese sentido, flípame “Down from Dover”, de Dolly Parton, que é unha canción tristísima por realista e na que a fonte do drama é, finalmente, o patriarcado. E xa non vou poñer nada máis.

Un texto original sobre el Torgal

20170105_ou_torgal_esposa_penia-4351

Estes días estiven lendo e escoitando o libro-disco do Torgal, que recopila textos e cancións para celebrar o seu 15 aniversario. Fixéronme moi feliz pedíndome un texto para o proxecto, no que tamén colaboramos Esposa cunha canción inédita, “Nube branca“, e fun moi feliz tamén ao telo nas mans, especialmente lendo o texto de Fran Gayo e descubrindo cancións fantásticas de grupos e artistas que xa sabía que me encantaban (como Malandrómeda ou Juan Wauters) e outros que tiña moito menos controlados (como Los Hermanos Cubero ou Pescando en Copacabana). O texto penso que se explica só. O trebello pódese mercar aquí, na web de Mont Ventoux. As fotos de cando tocamos Esposa con Peña no Torgal son de Cenizas en el aire. O resto de imaxes de momentos ourensanos atopeinas no móbil, e a das galerías é de La Región.

Le he preguntado a Isaac Torgal si mi texto para este libro tenía que ser en castellano, porque siempre que puedo escribo en gallego. “Sí, será más fácil que alguien lo compre en Murcia si es en castellano”, me ha dicho, y aunque le he contestado “jajaja vale” para no preocuparme me he sentido un poco mal. Me he agobiado un poco, porque no sabía qué escribir sobre el Torgal y su respuesta me añade más presión. En concreto, por dos cuestiones.

La primera cuestión es la originalidad. Me imaginaba siendo el único escribiendo en gallego. Sería fácilmente distinguible del resto de textos. Es cierto que es de vagos basar tu identidad y tu supuesta originalidad en eso, pero también lo es que utilizar un idioma diferente te hace expresarte de otra manera. En castellano, por ejemplo, me caigo peor. Otro ejemplo: hoy por la mañana escuché un disco en galés de Gruff Rhys y no entendía nada pero sonaba muy bonito, y distinto a sus discos en inglés. Una vez conversé con Gruff Rhys en un festival de cultura en lenguas minoritarias en Italia y me habló del Torgal. También de unos compatriotas suyos que le cortaron la pierna al cadáver de un condenado a muerte y fueron a enterrarla junto a la catedral de Santiago. Quizás la idea de Galicia para los músicos y músicas pop internacionales es un poco esa, un bar de Ourense y un monumento milenario. Fue una conversación original. Pero eso no es a lo que iba.

La segunda cosa que me añade presión es esa persona de Murcia. ¿Quién es y cómo puedo interesarle? Primero me imaginé un señor, quizás porque me sonaba el título de esa peli de Fernando Fernán Gómez que no he visto, Ninette y un señor de Murcia. Después pensé en qué sé de Murcia y sé que de allí (bueno, de la Manga) es Lidia Damunt, una de mis cantantes favoritas y que es original y, por lo que he visto en Google, no ha pasado por el Torgal (se lo recomiendo). Y… En realidad no me preocupa mucho lo de Murcia, pero me he decidido por empezar el texto así porque me parecía original, y luego he puesto algo sobre Murcia esperando que su gente valore esta referencia a su realidad en este libro. Quizás allí se pueda comercializar con una pegatina que ponga “CONTIENE REFERENCIAS A MURCIA”. (Decía que en castellano me caigo peor: es porque me sale este tono un poco capullo, como de estar haciéndome el gracioso. En gallego creo que soy más sentido, más emotivo).

WhatsApp Image 2019-03-23 at 11.48.27 (2)

En todo caso, vuelvo al tema de la originalidad, que me preocupa más. Mi primera intuición fue pensar en cosas buenas que decir sobre el Torgal. Luego pensé que este libro estará lleno de esos merecidos elogios y quizás podría hacer lo contrario. Nadie más dirá nada negativo sobre el Torgal en el libro del Torgal, ¿no? Yo tampoco, sería de mal gusto. He intentado introducir aquí una cita de alguien hablando mal del Torgal, así que he buscado “Café Pop Torgal mierda” y “Café Pop Torgal basura” en Google, pero nada. Esto nos indica que se trata de un lugar magnífico, y nos mete en el problema típico de las cosas que ponen de acuerdo a todo el mundo: la falta de conflicto y el consiguiente aburrimiento. Es como lo que decía Orson Welles en El tercer hombre comparando Italia y Suiza: “en Italia, en treinta años de dominación de los Borgia, hubo guerras matanzas, asesinatos… Pero también Miguel Ángel, Leonardo y el Renacimiento. En Suiza, por el contrario, tuvieron quinientos años de amor, democracia y paz. ¿Y cuál fue el resultado? ¡El reloj de cuco!”.

¿Es el Torgal la Suiza de los cafés pop? En realidad no. He buscado el conflicto y lo he encontrado preguntando a una de mis amistades ourensanas, que no quiere dar su nombre: “El Torgal no querrá publicar nada diciendo que son unos snobs, o que por lo menos esa es la imagen que proyectan antes de conocerlos. Y una vez que los conocemos igual nosotros nos convertimos también en snobs y no lo detectamos”.

Por fin tenemos un poco de chicha. Una acusación de snobismo, de exclusividad, que no voy a desmentir directamente porque me da la excusa para hacer lo que realmente pretendía desde un principio, que es hablar del Torgal para hablar de otras cosas. En concreto, dos cosas verdaderamente conflictivas en las que pienso al pensar en el Torgal. La primera es hasta qué punto nos une nuestro gusto musical a alguna gente (y nos separa de otra). La segunda es Ourense y qué hacer con ella.

IMG-20141231-WA0000
Xente facendo cousas en Ourense

 

Salto al pasado. La primera vez que fui al Torgal fue con mi amiga ourensana Paula, que ahora vive en Francia. Fuimos a ver a Julio de la Rosa mientras mis otros amigos ourensanos veían a Motörhead en Vigo. Recuerdo ver, bajo el cristal de la barra, un montón de fotos, listas de canciones y entradas, entre ellas una del concierto de Jonathan Richman y Tommy Larkins en Santiago. Guardo esa misma entrada desde que tenía 14 años porque Jonathan es mi artista favorito y seguramente mi persona favorita de entre las que no conozco. Cuando tenía 14 años mis amigos no conocían a Jonathan y conseguí que lo adorasen un poco insistiendo mucho. Con el tiempo me encontré cada vez un poco más a menudo con gente que adoraba a Jonathan sin ser por mi culpa, y mi reacción instintiva siempre es de excitación: ¿Habré encontrado un alma gemela?

En consecuencia, ¿son la gente del Torgal mis almas gemelas? Con el tiempo he descubierto que no, y además que no tienen por qué serlo. Normalmente, la gente NO es la música que escucha. Escoge tu ídolo o ídola y tendrá miles o millones de fans gilipollas que definen su identidad con las mismas canciones que tú: es pura estadística. Encontrar almas gemelas es un proceso más complejo que encontrar alguien con quien hablar de, no sé, Epic Soundtracks. Aunque eso también está bien, y seguro que en el Torgal hay alguien con quién hacerlo.

20170105_ou_torgal_esposa_penia-4914

 

Y sin embargo, mi problema es que mi idea de la música pop es puramente adolescente: escuchar canciones en tu habitación-refugio llena de pósters y desarrollar una intimidad con ellas que no tienes con otra gente. Esto funciona muy bien para Belle and Sebastian o los Smiths. Es casi un tópico pero no deja de ser bonito y medio cierto (como muchos tópicos). Luego encuentras a más fans y piensas que sufrieron la misma soledad e inadaptación que tú, y te sientes unido o unida al resto de habitaciones-refugio del mundo. No lo llamaría afinidad de gustos, sino más bien afinidad de pasiones. La búsqueda de gente que pueda sentir esas mismas pasiones que tú me parece natural y hermosa. Queremos sentirnos menos solos. En el Torgal, aún sin estar entre almas gemelas, me siento menos solo. Pero he encontrado personas que me han dicho algo parecido a lo contrario, y también es normal: esas comunidades afines excluyen al mismo tiempo que acogen. De ahí la acusación de snobismo al Torgal, supongo, por parte de alguien que querría (más o menos secretamente) formar parte de su comunidad. Tengo una explicación más detallada de otro amigo sobre el funcionamiento de ese “ecosistema”:

“Yo todavía no me considero un regular del Torgal pero voy camino de serlo, de formar parte de su “fauna”. Porque aquello se siente como un ecosistema, en equilibrio pero en constante cambio, y los turistas como yo no pueden siquiera entender la complejidad de las relaciones sociales y de poder que se producen en ese lugar. Ya estáis hartos de oírme, pero siempre me sentía allí como alguien que no está pillando la broma. Por debajo de esa superficie de apariencias y palabras amables hay como un magma subterráneo de significados y códigos ocultos que se mueve lentamente a su propio ritmo y que solo los iniciados pueden sentir. Yo me imagino como un secundario episódico del bar de Cheers en las últimas temporadas, que no se imagina lo que ya vivieron en ese bar y lo que significan los unos para los otros. Pero esa sensación (que sigue ahí) dejó de resultarme inquietante y ahora me pregunto la razón de que el Torgal no llegase a ser nunca mi bar. Si me remonto al instituto, no recuerdo las causas pero siempre consideré el Torgal como el sitio de los “guays”, y no tengo a nadie en la cabeza, eran los guays como ente inmaterial. Como yo me consideraba un pringado dentro de las castas sociales de la enseñanza secundaria pues ya no lo consideraba mi sitio.”

Como antiguo adolescente no popular, entiendo perfectamente la tendencia a odiar lo que es guay por ser ajeno a mí. Creo que en el Torgal deberían estar felices de ser “guays” y cumplir esa función social para alguien. Seguramente las acusaciones de snobismo vienen en parte de nuestro adolescente interior, buscando el lugar donde encajar y frustrado por no encontrarlo. El Torgal da la sensación de ser un club al que merece la pena pertenecer. Y merece la pena odiar a cualquier club al que merezca la pena pertenecer (mientras no formes parte de él). Pero aunque haya ese carácter de club que no es extensible a cualquiera persona que pase por allí, no creo que pretendan excluir a nadie, porque siguen siendo un bar y tratan muy bien a los clientes, te ponen caramelos con las infusiones, cocktail de frutos secos con las cervezas, etc. Una vez un amigo chocó, creemos que accidentalmente, con una foto de Christina Rosenvinge colgada en la pared y la rompió, pero ni David ni Isaac se enfadaron. Una vez otros amigos se bajaron los pantalones en señal de protesta por la selección musical de una pinchada allí y les invitaron a beber si hacían el favor de subírselos. Una solución bastante elegante. Eran buenas oportunidades para excluir a esta gente de ese ecosistema y no las aprovecharon. ¿Qué habrían hecho unos snobs?

Aquí un inciso: ya que estoy hablando de cómo el gusto musical nos une o nos separa de la gente, quería aprovechar esta palestra para rebatir un poco la corriente revisionista del indie (porque el Torgal es un sitio bastante indie) que lo acusa de ser un simple mecanismo de distinción cultural (es decir, lo acusa básicamente de snobismo). Me parece sano e incluso necesario políticamente poner sobre la mesa el absurdo de aquellos grupos “independientes” cantando en inglés y su falta de compromiso político o social, pero me parece un poco cínico acusar a la gente de escuchar grupos para distinguirse culturalmente de los demás, incluso aunque el efecto de distinción exista. Es dar por hecho que las emociones que pueden sentir no son sinceras. Y eso sí es snob, y sí que es irse de original. No quiero caer en un relativismo absoluto, pero creo que debemos asumir que los productos culturales más lamentables y reaccionarios pueden producir en su público las sensaciones más bellas. No sé si escuchar a Australian Blonde te podía o puede hacer más guay a ojos de alguien, pero aunque alguien (no sé quién) lo finja para “molar” (que ya sería retorcido) no significa que otra gente no pueda sentir algo intenso dentro de sí misma con sus canciones.

IMG-20170703-WA0004
Nas escaleiras do concello de Ourense

Me pongo con el tema de Ourense para ir acabando. Ourense es geográficamente un agujero: una ciudad metida en un valle con calor extremo en verano y frío bastante extremo en invierno. Está habitada en su mayor parte por funcionarios y funcionarias y jubilados y jubiladas. Es la capital de la provincia de su mismo nombre, gobernada desde tiempos inmemoriales por la saga política de los Baltar (en realidad desde 1990, pero nací ese año y más atrás no tengo memoria), conocida por cosas como la autodescripción de Baltar padre como “cacique bueno” o la denuncia por acoso sexual a Baltar hijo (archivada). La mayoría de mis amigos ourensanos describen intensamente Ourense como un agujero, también en su sentido figurado. Un lugar al que vuelven a caer cuando sus ambiciones fracasan y tienen que volver a casa de sus padres y madres. Uno de los lugares más envejecidos del mundo, una provincia en la que los principales empleadores son la propia Diputación, Coren (grupo de cooperativas agrícolas) y el Sergas (el servicio gallego de salud), según me dijo otro ourensano. Un lugar que se muere poco a poco y en el que te mueres poco a poco, en el que el alcohol es bueno, fuerte y barato y la comida también.

Una de esas amigas resume el problema así: “La gente que hace, lo hace todo, y el resto se marcha. Bueno, o roba o oposita”. Lo pintan como un sitio sin futuro, especialmente para trabajadoras y trabajadores culturales precarios (que es a lo que nos dedicamos casi todos), ya que la mayoría de iniciativas culturales pasan por las instituciones. En definitiva, a cualquiera le rompe un poco el corazón verse abocado a marcharse de su ciudad con la sensación de que esta no le ofrece nada. O querer marcharse y no ser capaz. Lo pintan como un lugar muy poco esperanzador, pero creo que, a pesar de todo lo malo, se recrean un poco en su sensación de que es una mierda. Mis amigos que no son de Ourense adoran Ourense en general, y está llena de cosas fascinantes, algunas comentadas habitualmente (las termas, las pulpeiras, el puente romano, la catedral, el casco viejo, el propio Torgal, el licor café) y otras no comentadas casi nunca, como sus sorprendentemente abundantes galerías comerciales. Casi 30, sumando cerca de 1.000 locales.

Ourense. 10-10-2015.Galerías comerciales. Paz

Voy a hablar de las galerías, que es lo más original para este caso. Estas galerías son una idea brillante para cualquier lugar en el que llueva a menudo o haga frío o calor extremo, porque puedes pasearte bajo techo, pero alguien inventó los centros comerciales y jodió su atractivo para los negocios. Ahora muchas están casi vacías pero es maravilloso encontrar recovecos dentro de los edificios que te llevan a otras calles, o a plazas interiores, o a locales que se mantienen igual que en 1980. Es una sensación extraña estar en un sitio en el que hay un equilibrio extraño entre belleza, decisiones erróneas, decadencia y posibilidades. Ourense es, en ese sentido, bastante parecido a sus galerías comerciales, y a mí me causa una sensación parecida a la que me causa Galicia en general. Mis amigos ourensanos no comparten esto porque dicen que los que somos de la costa vivimos en un dinamismo que nos impide comprender realmente cómo funciona Ourense (para saber más sobre la diferencia entre la Galicia costera y las provincias de Lugo y Ourense es mejor escuchar los discos de Emilio José). Pero hoy he leído en una entrevista esta reflexión de Rafa Anido, referida a Galicia pero que es más o menos igual de aplicable a Ourense: “En cien años o así desaparecerá después de ser de uno de los primeros países de Europa, así que hay que cantarle en su ocaso. Mantuvieron sus costumbres, su idioma durante 2000 años, pero ahora se amontonan en barrios de las ciudades, queman su bosque, se van al centro comercial y no tienen hijos.”

Hay motivos para la esperanza? Ahora es cuando debería decir que el Torgal es uno, y en cierta manera es cierto, por lo menos para quién trabaje en la cultura. ¿Pero a quién le importa esa gente? El motivo real para tener esperanza me parece más bien el rechazo absoluto que tengo por la desesperanza (aunque la gente no tenga bebés). Lo que más inspirador me parece de toda la trayectoria del Torgal es su desprecio por la desesperanza y su optimismo a la hora de hacer cosas en Ourense y transformar a su manera la ciudad. Mis amigos hicieron cosas en Ourense y acabaron dándola por perdida por la falta de reacción. Pero espero que vuelvan a hacerlas, porque cualquier acción creativa pone algo donde no lo había. La imaginación es el principio de las revoluciones, o si queremos ponerlo en términos más próximos a las Mareas, es el principio del cambio. Habría que hacer algo con esas galerías.

Cibri chegando

cibri chegando

Nos dous meses que traballei en Curtocircuíto ía pola casa da miña compañeira Andrea para facer un cacho do camiño ao choio xuntos. Ela empezou a gravarme chegando cada día e subilo ao seu Instagram e á xente gustoulle ver a nosa vida en directo quince segundos pola mañá. O motivo non o sei. Ao final o asunto fóisenos un pouco das mans e acabamos tratándoo como se fose unha webserie, e temos un cartel moi guai que fixo Sara Iglesias, e tamén unha páxina de Facebook para a que acabo de gravar un saúdo felicitando as festas.

Digo que se nos foi un pouco das mans porque chegou a pararme xente que non coñecía para pedirme que chegase. É desconcertante. Fáiseme raro ser o centro de atención e ver a miña cara tantas veces cando nin sequera sei moi ben como usar Instagram (Andrea si que é máis influencer). Dáme algo de vergonza sequera dicir que existe porque me sinto como se pedise que miredes para min. Pero bueno, a min gústame vela así que como mínimo podo explicar os motivos. Un é que é un recordo bonito. De traballar o que máis me gusta é, normalmente, non traballar, que é a parte máis humana, e isto é iso. Se algún día non había vídeo probablemente era que non tiñamos tempo para facelo porque non daban as horas, así que estes saúdos véxoos un pouco como o reverso ou o límite do choio (que xa se gravou doutra maneira en moitas películas). Outro é que é un rexistro dunha cousa que nunca se me ocorrería rexistrar da miña vida, e tenme a gracia das películas caseiras, que teñen un punto que non se entende de todo pero son agradables de mirar e son, en xeral, verdade (pero non verdade de todo). Por iso mesmo, tamén me gusta (e me dá medo) que a vida poida converterse nun produto (ou máis ben nunha obra?) audiovisual. Non fai falta practicamente nada, e menos agora. Se queredes velo, está aquí debaixo.

rexistro|8| vou deixalo todo

Fixen outro vídeo para o arquivo de Prenom. Este foi de casualidade:

Este vídeo é así como podería ser doutra maneira ou non ser. Mar levou a cámara ao Liceo e nun momento díxome “grava aí algo a Pablo Und Destruktion”. Esa cámara é fantástica, ten un micro ben xeitoso e un zoom de moitos aumentos que pixela dunha maneira moi bonita, así que aproveitei iso e busquei cousas. Primeiro mirei a Berto Fojo, ilustre batería, mirando dende detrás da batería. Logo quixen mirar moi de preto a Pablo. A imaxe vólvese así outra cousa estraña e rítmica. É unha persoa pero tamén son liñas e cores, rastros e algún efecto estraño da falta de luz. O mesmo pasa coas baquetas. Logo atopei que a columna que tiña diante da cara non era tanto un problema como unha oportunidade para facer falsos fundidos. Tamén atopei a Mar, claro, a Jose anotando cousas e houbo algún cacho no que non atopei gran cousa. Ao acabar o concerto fun ver se gravaba a algún dos moitos amigos e amigas que hai no aniversario do Liceo Mutante pero os dous primeiros tiñan pavor á cámara e ao asustalos quedoume mal corpo e supuxen que era cousa do destino así que lle devolvín a cámara a Mar e xa non gravei máis. Logo díxome se quería montalo pero decidimos que iamos deixalo todo, igual que canta Pablo na canción. Fixo Mar un par de transicións para pegar os tres clips de vídeo que debía haber.

A maiores disto que puxen no texto de introdución hai outra cousa: non me lembraba para nada de que cancións gravara. Normalmente teño a sensación de que cando gravo a alguén tocando me fixo máis en todo, e na relación do son cos xestos e os movementos, pero desta vez pasoume ao revés. Tamén porque estaba xogando a buscar uns efectos visuais que non tiñan necesariamente relación co que escoitaba. Deberían tela? Eu tendo a pensar que é mellor que si.

rexistro|5| burela ela ela

 

Hai unhas semanas fun tocar de sustituto con Ataque Escampe ao Xebra de Burela, e fixen este vídeo para o Prenom arquivo, un proxecto que empezou Mar Catarina e que me gusta moito porque creo que ten o máis bonito que poden ter os vídeos de escenas musicais: como son parecidos a vídeos domésticos, están cheos de momentos felices e divertidos, celebracións que entendes e disfrutas máis completamente se coñeces a quen sae. Teñen naturalidade e un pouco de performance. E como a miúdo están feitos por xente con inquietudes cinematográficas (ata agora Mar, Rubén e Gael), teñen un aquel de inventiva estética na gravación e na montaxe, pero sempre cunha despreocupación que agradezo moito. E claro, son recordos bonitos que doutra maneira se perden. De pequeno nunca tivemos cámara na casa e agora boto en falta algunha cinta de momentos bonitos como este, no que puiden tocar cun grupo que me encanta, ver un concerto marabilloso de Oh Ayatollah e en xeral volver á casa feliz.

Mar díxome algunha cousa máis sobre a súa idea de facer o arquivo o outro día que lle preguntei:

“Véndese unha idea de democratización da imaxe pero quen posúe esas imaxes, ou as imaxes que crean a historia dun pobo, son as institucións. Entón claro, as institucións difúndenas, manipúlanas, utilízanas para crear un relato e unha historia que está determinando a nosa percepción, o noso imaxinario colectivo sobre unha realidade. Cando ti fas un arquivo, en certo modo estás resistindo ou creando unha subversión a ese arquivo institucional que se transmite a un pobo“.

Se a alguén que lea isto lle interesa o tema, o ano pasado escribín un texto sobre os vídeos desa escena underground galega para presentalo aos premios María Luz Morales e está publicado nos Papeis da Academia.

 

“Por suerte tengo guitarra…”

Mercedes_Sosa.jpg

A finais do ano pasado estiven traballando en Ourense un mes e medio. Quedei na casa de Toni (baixista de Monstruo, camarógrafo, mecánico, electrónico e xenio) e Lucía (profesora filósofa de referencia e irmá de Toni) pero non cadrei todo o tempo que querería con eles polos traballos e horarios de cada un. Nalgún rato libre na casa quixen facer uso do seu tocadiscos, pero estaban recén mudados e só había tres discos: Tommy dos Who, un directo dos Monty Python e Homenaje a Violeta Parra de Mercedes Sosa. Os Who foron seguramente o meu primeiro grupo favorito que non era favorito de meus pais e tiven un rencontro intenso con eles unha tarde, pero non tiven ganas de poñer Tommy moito máis porque xa o escoitei un millón de veces. Para desfrutar dos Monty Python aínda necesito subtítulos, así que acabei poñendo o de Mercedes Sosa moi a miúdo e namoreime desta canción, “La carta”:

É unha canción absolutamente simple, de dous acordes. O único cambio é pasar de alternar entre os dous a usar só un, pero esa simpleza é perfecta para soster a forza da melodía e (sobre todo) da narración: chega unha carta* na que lle din a Mercedes (na orixinal a Violeta, claro) que o seu irmán foi apresado e maltratado por apoiar un paro. Ela parte da rabia persoal (sen perder a dignidade) para facer un retrato da inxustiza, a desigualdade e o abuso de poder**: “Yo que me encuentro tan lejos / esperando una noticia / me viene a decir la carta que en mi patria no hay justicia / los hambrientos piden pan, plomo les da la milicia”. Cada estrofa acaba cun “Si”, unha estraña reafirmación do que acaba de dicirse, case ameazadora. Vaise unindo a Mercedes o acompañamento e as voces de Quilapayún, unha música que me parece ao mesmo tempo sutil e poderosa, sobre todo por ese bombo que é toda a percusión do tema. Ao final, despois de animar á revolución, os versos que máis me engancharon, que acaban con un “Sí!” moito máis rotundo que os anteriores:

Por suerte tengo guitarra
y también tengo mi voz
también tengo siete hermanos
fuera del que se engrilló
Todos revolucionarios
con el favor de mi Dios

Emocióname moito a aparición da guitarra na mestura de experiencia concreta e conceptos abstractos da letra. A guitarra e a voz son ferramentas para a expresión, extensións dun sentimento íntimo. A guitarra e a voz aparecen vinculados a Mercedes ao lado dos seus sete irmáns, algo que me parece unha mostra da forza que pode ter a conexión dunha persoa cos instrumentos que toca. “Por suerte tengo guitarra” pode ser igual que dicir “por sorte non estou soa”. É algo que queda máis concreto na versión orixinal de Violeta Parra, que é máis vulnerable, un pouco menos afectada e quizais menos pulida (pero cun primitivismo rítmico que case me parece krautrock). Violeta cantaba “por suerte tengo guitarra / para llorar mi dolor”. Efectivamente, para iso serve a guitarra: unha amiga, un ombro sobre o que chorar. Pero ao non concretalo e unilo a ese ter voz, na versión de Mercedes Sosa a guitarra parece unha arma. É algo co que defenderse e algo co que atacar.

Violeta_Parra.jpgGústame que se manteña esa ambigüidade, porque é a mesma coa que eu entendo a música: algo que (seino) serve para sentirse menos só e algo que (gustaríame crer) serve para converter as ideas nalgo máis afiado. Son dúas caras da mesma moeda, supoño, e as cancións que máis me emocionan son normalmente as que tiran cara os dous lados.

Pero, volvendo ao tema, é curioso que a guitarra sexa o instrumento con máis poder simbólico para representar o total da música. Resultaríame raro que alguén cantase “por suerte tengo piano”, a pesar de que é outro instrumento que pode darnos harmonía á vez que cantamos. Tamén que alguén cantase “por suerte tengo tambores”, a pesar de que sexan o máis asociado ás armas e de que a percusión sexa a forma de música máis primitiva. Ou tamén que alguén cantase “por suerte tengo ordenador portátil”, a pesar de que sexa hoxe en día o instrumento barato por excelencia***. Isto último paréceme o máis ridículo: aínda que pase moito máis tempo co portátil que coa guitarra, este é unha máquina sen carisma, intercambiable e fría. Quizais demasiado versátil. Pode valer para facer cousas íntimas como escribir ou falar con seres queridos, pero tamén vale para demasiadas cousas banais como para que poida collerlle cariño. A guitarra serve para menos cousas pero cousas que no meu caso me parecen máis cruciais.

02-Aries-Javier-Fernandez-Perez-de-Lis.jpg
Foto de Javier Fernández Pérez de Lis

E non son o único, claro: as mencións á guitarra sempre me chaman a atención cando aparecen en cancións e fanme sentir a miúdo esa dualidade. A guitarra como resistencia á soidade está en “Moverme de aquí” de Aries:

Realmente é habitual que as letras de Aries falen dunha reacción á soidade e á tristeza, e que esa reacción suceda a través da música. Ás veces é explícito, supoño, pero o máis interesante é que os seus temas teñen atmosferas que os fan absorbentes, case habitables, se esa é unha maneira válida de describir unha canción pop. O espazo que crean é íntimo e puro, e cando consigo entrar nel acabo sentindo que a beleza fai que a angustia quede anulada, apagada… (estou tentando non dicir “exorcizada”, pero é o primeiro que se me ocorreu). “Si te sientes solo no eres el único”, cantaba en “Lo que no eliges“, e a min sérveme de moito escoitalo, porque me sinto acompañado. En “Moverme de aquí” di “solo toco la guitarra” nunha situación que me parece angustiante pero na que hai unha saída no interlocutor ou interlocutora (“te siento / si eres feliz, repítemelo”). A guitarra paréceme algo ao que agarrarse nese sitio do que non pode moverse, aínda que podería estar equivocado, claro. Supoño que penso que a guitarra (a música) é a mellor compañía. A resposta ideal á pregunta de que levarías a unha illa deserta.

lidia_damunt.jpg

Ou ao sitio no que esa angustia pode facerse máis patente. Nese sentido e se cadra en calquera outro, a miña canción favorita sobre a guitarra é “Mi guitarra”, de Lidia Damunt:

A canción ten dúas estrofas tristes ás que responde o estribillo repetindo “Y mi guitarra es una máquina de matar el tiempo”. Nunha entrevista Carlos Pérez de Ziriza preguntáballe se a variación sobre o eslogan de Woody Guthrie (“This machine kills fascists”) era unha maneira “de quitar ferro a calquera posible comparación con el ou ao suposto poder transformador do rock na sociedade”, pero ela explicaba que era unha canción sobre o tempo que seu pai pasou inconsciente no hospital antes de morrer. Que estaba alí sempre coa súa guitarra, que efectivamente serve para calmar a desesperación e facer tempo. Hai unha cousa catártica en tocar a guitarra (isto si que o teñen moitos instrumentos musicais), unha liberación en poder rasgala mentras fas forza cos dedos para facer un acorde. É un instrumento que suxeitas contra o corpo e pode dar, pola vibración, a sensación de que o ruido sae de ti, e de que con ese ruido botas algún demo fóra. Ese poder explica que a frase se pareza á de Woody Guthrie pero con esa variación tan emotiva. É normal: a única diferenza é que apunta cara adentro (cara matar o tempo) e non cara a fóra (cara matar fascistas), pero supoño que non fai que deixe de ser unha arma. Para facer calquera cousa hai que ser quen de sobrevivir á tristeza.

guitarra_cibran

[Cando tiña dezasete anos xuntei uns aforros e un aguinaldo da miña tía e merquei a miña guitarra, e estiven moi contento e fíxenlle unha foto e subina ao meu Fotolog. Falaba de non ser quen de bautizala a pesar de sentir que era como unha persoa. Era un pouco prosa de adolescente facéndose o interesante pero creo que había algo de verdade naquelo.]

 

* Outra canción sobre unha carta que escoitaría un millón de veces:

** Para min, a rabia e dignidade na denuncia da inxustiza de “La carta” resona moito cos casos da xente que está sendo detida agora por suposta apoloxía do terrorismo nas súas cancións, quizais especialmente co de La Insurgencia por algún testemuño contado dende fóra, como o da nai de Saúl:

*** É importante o barato e manexable das guitarras para que teñan esa capacidade de facer compañía. Podes comprar unha guitarra Academy por 120 pavos ou así, e podes camiñar con elas. E as que non son eléctricas podes tocalas en calquera sitio. Bueno, as eléctricas tamén aínda que só as escoites ti. E é un instrumento que sona cando o tocas, co cal non se volve moi frustrante e ofrece a mitoloxía automática de converterte en creador ou creadora de rocanrol no momento no que agarras as “guitarras guardadas en el placard“, como cantan El Mató a un Policía Motorizado. É unha satisfacción tremenda porque te encadras de súpeto dentro dunha tradición que, por falsa que sexa, sintes como rebelde, antisocial, valente e molona. Claro que iso tampouco é o rol do rock and roll agora e en todo caso este artigo non ía sobre iso.

Máis cancións que falan de guitarras e das que non falei aquí porque non se refiren ao que quería dicir: “Ó Miguel” de Pega Monstro; “Won’t Get Fooled Again” de The Who; “Con mi guitarra mataré a tu mamá” de Superuva, que atopei neste artigo que lle vin compartir a María Velo; “So You Want To Be a Rock and Roll Star” dos Byrds e outras cancións sobre o rock como “Quiero bailar rock and roll” de Cucharada ou “It Will Stand” de The Showmen. “A Voz do Violão” de Caetano Veloso si que fala diso (“eu tenho um companheiro inseparável / na voz do meu plangente violão”) pero é unha canción coa que non teño eu unha relación de intimidade porque acabo de atopala agora. “Fender Stratocaster” de Jonathan Richman resúmeo todo moi guai pero xa falei suficiente del na entrada anterior.

Máis preto e máis lonxe de Jonathan Richman

Jonathan+Richman+2016-+8.jpg
Foto de Levi Manchak

Onte recibín un email con algunhas respostas de Jonathan Richman a un cuestionario que lle enviei en setembro. O proceso foi un pouco estraño: Jonathan non usa Internet e aparentemente non lle gusta moito dar entrevistas, así que tiven que mandarlle as preguntas á responsable de prensa do seu selo para que ela as imprimise e llas fixese en persoa, pero xa me avisou de que estaba gravando disco novo e de que non me fixese moitas ilusións con que respondese.

E eu de verdade que tentei non facermas, pero Jonathan é clarísimamente a persoa que máis quero e que máis me influiu entre todas as persoas do mundo que non coñezo. Así que a posibilidade de ter algunha resposta súa ás miñas preguntas apuntaba a ser un punto álxido da miña vida. A comunicación que temos cos nosos ídolos normalmente non é recíproca. Recibimos a súa obra e integrámola na nosa vida, emociónanos, fálanos, aprendemos con ela e podemos lanzar algo novo noutra dirección (aí está todo o fan art que existe no mundo), pero case nunca de volta a quen creou aquelo que nos marcou. As entrevistas de fans poden ser bonitas de facer, pero ao mesmo tempo pode pasar o contrario, poden ser unha experiencia tensa e violenta porque hai demasiado en xogo. Creo que certa distancia e descoñecemento son necesarias para ter unha relación de fascinación cun ou cunha artista. Fai falla un pouco de misterio, un pouco de espazo para poder proxectar as nosas emocións e experiencias nesa figura e sentila como propia. Non podemos estar seguros, por exemplo, de se o sufrimento que inspirou a Adele as súas cancións post-ruptura é real, e está ben así. Crer na xente que admiramos ten que ser unha decisión aínda que non o pareza (todo isto sempre que falemos de artistas que funcionen dentro dun sistema de autenticidade, que creo que é o habitual no pop pero non na electrónica, por exemplo).

jonathan3

E se penso así, que fago mandando unhas preguntas ao meu ídolo? Aí estaba o meu medo, porque quizais non fose boa idea tentar saber máis. No caso de non recibir resposta, tal vez ao escoitar a Jonathan me viñese á cabeza a decepción de que non quixese contestarme. No caso de recibila, podía ser igualmente decepcionante se tivese a sensación de que non lle interesou o que lle preguntaba* ou se en xeral a súa actitude non cadrase coa imaxe que teño del.

Vale, e que imaxe teño de Jonathan Richman?

O que máis se destaca normalmente del é o seu papel histórico como precursor do punk cos Modern Lovers, ou se cadra a súa aparición en Algo pasa con Mary, pero para min a clave está en que ninguén soubo captar a beleza do mundo como Jonathan ata o de agora. O máis impresionante, o que o distingue da maioría de artistas é a súa capacidade para atopar esa beleza en calquera cousa e transmitir emocións profundas falando de temas que ninguén trata normalmente en cancións. Está tan preto do cotián e da paixón por lugares e obxectos (quen máis pode facerlle unha canción a un papel de chicle?) como do místico e a sabiduría ancestral sobre a vida.

O primeiro aspecto é algo que o achega se cadra aos máis grandes escritores do rock and roll, como Chuck Berry, que tamén atendía ao detalle e podía ser gracioso, pero Jonathan vai máis lonxe. Non só sabe facer rir coas súas letras, senón tamén coa súa cara e co seu corpo, e sabe como utilizar ese humor e a súa presentación como personaxe para construír empatía. O recurso de pregunta-resposta que é tan habitual no pop non é en Jonathan unha cuestión musical, senón máis ben lírica, xa que aparecen moitas veces interlocutores que lle comentan algo a Jonathan, facendo que as súas cancións parezan (e sexan) diálogos, algo moito máis comunicativo. E a súa tendencia a reducir a instrumentación das cancións e os arranxos ao máis puro e básico só axuda á comunicación**.

Por exemplo, en “I Was Dancing in the Lesbian Bar” chega ao famoso bar porque antes está noutro no que o ambiente non é moi guai e hai uns tipos que lle din “Jonathan, para bailar vente con nós”.

En “You’re Crazy For Taking the Bus” dinlle que está tolo por facer unha viaxe de tres días nun bus apestoso, pero el está contento coa compañía e di que dorme perfectamente.

En “Down in Bermuda” pregúntanlle se estivo algunha vez en Bermuda e que é o que lle gusta dese lugar. E fala das flores e fala de que descubriu como de estirado era ao estar alí.

Pero o mesmo que fala dunha tenda de barrio en “Corner Store“, ou dos seus pantalóns en “My Jeans” (Levis non lle cunden), ou indica como facer un batido ao seu gusto en “Double Chocolate Malted” pode facer as cancións máis bonitas sobre o amor (“Not So Much To Be Loved As To Love“) ou o paso do tempo (“Ahora es mejor“, “The Bitter Herb“, sempre contra a nostalxia). Ou comentarios sobre os nosos corpos e as nosas cabezas (“These Bodies That Came To Cavort“, “And Then Ego Went Away“) e cancións protesta (“Abu Jamal“). Non hai graos de importancia, non hai temas maiores e menores.

jrich-2-photocreditroryearnshaw
Foto de Rory Earnshaw

Durante toda a súa carreira hai un compoñente autobiográfico moi forte, e se segues a evolución dos seus discos podes saber (ou, máis ben, intuír) cousas sobre a súa vida e por que a súa música foi cambiando como o fixo. Podes pensar que o coñeces porque a cualidade fundamental da súa obra é a transparencia, a sinceridade (hai en YouTube un bootleg, The Laura Palmer Tape, que é basicamente unha cinta que gravou para unha rapaza que lle gustaba, e non é moi distinto dos seus discos). E para min é imposible non querelo e pensar del que é unha persoa pura, honesta, teimuda e se cadra case terca na maneira en que foi quen de facer sempre as cousas á súa maneira e enfrontarse ás visións cínicas da vida e da música. Nunca toca a mesma canción igual dúas veces, nunca fai concesións aos desexos do público (nunca toca “Roadrunner”) ou da industria se non cadran co que sinte e quere comunicar nese momento.

Por iso tiña medo a que as súas respostas se saísen desta imaxe, porque a felicidade que Jonathan me aporta non só é mérito seu, senón mérito meu pola idea que construin del na miña cabeza. E así como hai artistas dos que sempre asumín que podían ser uns imbéciles e non necesito crer na súa pureza e bondade (nin sequera na autenticidade da súa imaxe) para desfrutar da súa obra (que podo separar da persoa que a crea), teño unha implicación emocional demasiado intensa con Jonathan como para poder racionalizar e esquecerme da súa personalidade ao escoitalo, igual que faría con, non sei, Lou Reed***.

A excusa para entrevistalo é precisamente a implicación emocional de Jonathan cos seus ídolos. Estou preparando un capítulo para un libro colectivo sobre The Velvet Underground e quería falar da relación entre Jonathan e eles, e de como a construción da súa personalidade artística (polo menos nos seus comezos) pode ser en certa maneira unha reacción á influencia da Velvet, pensando nas teorías sobre a ansiedade da influencia de Harold Bloom. Un dos temas recorrentes de Jonathan ao longo da súa carreira son as cancións sobre outras persoas e artistas, nas que transmite a súa paixón e admiración por elas con comentarios preciosos e acertados: en “When Harpo Played His Harp” os anxos pregúntanlle a Harpo Marx como consegue ese son, en “Vincent Van Gogh” explica que os cadros de Van Gogh tiñan o dobre de cor que o resto, en “Salvador Dali” fala de ter pesadelos e de que Dali lle serviu como guía no mundo dos soños. E, por suposto, ten “Velvet Underground”, unha das descricións e críticas máis acertadas e bonitas da Velvet, no musical e no simbólico.

Así que lle mandei moitas preguntas sobre a Velvet e o seu posible carácter de fan e outras cousas polas que tiña curiosidade, dicindo que contestase as que lle apetecese, e efectivamente contestou as que lle apeteceron e entre elas non estaban as que ían sobre a Velvet e que me serían realmente útiles para escribir o meu texto. E as que si respondeu respondeunas de maneira moi concisa e sen entrar exactamente no tema do fandom ao que eu quería entrar. Entón de primeiras quedei un pouco decepcionado por non conseguir establecer unha comunicación tan intensa como eu a sinto. Cando lle contei ao meu amigo Carlos que enviara estas preguntas a Jonathan empezou a dicirme que seguro que fantaseaba con facernos colegas, visitalo na súa casa, tocar con el, pedirlle consello para a vida… eu tentaba non facelo, pero vale, é certo que tiña esa especie de secreta esperanza e isto desmóntaa: non vou poder achegarme máis a Jonathan. (Por outra parte, non teño claro se sería quen de comportarme como unha persoa normal ou sería socialmente incompetente na súa presenza, desesperado por agradar).

Pero logo mirei con calma as respostas e sentinme tremendamente feliz ao ver que teño varios exemplos da súa sabiduría:

– Preocúpache como reacciona o teu público ás túas cancións? Sentícheste algunha vez malinterpretado?

– Quero comunicación: preferiría ter un público ao que non lle gusta a canción pero a entende que un ao que lle gusta pero non a entende.

– Cres que é importante procurar a orixinalidade á hora de crear arte?

– Non! Só expresa os teus sentimentos e a orixinalidade aparecerá. Aparecerá por si soa.

E tamén unha opinión relevante sobre un tema fundamental da arte.

– Cres que saber cousas sobre a vida dun ou dunha artista (ou coñecelos en persoa) pode axudar a entender a súa obra?

– Creo que a obra de arte debe valerse por si mesma.

Sobre isto último creo que xa deixei claro máis arriba que eu tendo a pensar o contrario, polo menos referido á maioría da arte na actualidade, e máis especialmente á música: a arte encádrase dentro da traxectoria e a personalidade de quen a crea, e non pode entenderse á marxe. É practicamente imposible separar “Hold Up” de Beyoncé, por exemplo, do contexto biográfico de infidelidade de Jay-Z e posterior perdón no que aparece (“What’s worst, looking jealous or crazy?”), e ademais facelo quitaríalle unha morea de capas de sentido. Pero tamén creo que ten máis que ver con ampliar o noso concepto de obra de arte, e pensala nun sentido máis performativo (se cadra esta non é a palabra), no que a fronteira entre arte e vida se desdebuxa un pouco. A obra de Beyoncé, son só as súas cancións? Ou éo tamén toda a maneira na que se presenta diante do público? Para ser fan dela necesitas crer na imaxe que che presenta.

Eu creo na imaxe que Jonathan presenta de si mesmo. Pero as partes da súa vida das que Jonathan escolle falar, que ás veces son moi íntimas, son parte do seu exercicio como artista. Igual que quen dirixe cine escolle o encadre, escolle o que entra no plano e o que queda fóra. Por iso mesmo estou feliz de ter tentado aproximarme a Jonathan e quedar se cadra máis lonxe do que estaba, e de poder ser un instrumento máis para a comunicación das súas ideas. Sinto alegría e orgullo por ter tentado entrevistalo e telo conseguido desta maneira rara, pero gracias ás cousas que quedan fóra sigo mantendo a distancia que necesitaba para que a emoción que me provoca escoitalo siga sendo a mesma que hai unha semana, seis meses ou seis anos. Valeu a pena, pero aínda así tampouco sei se vos recomendaría arriscar a vosa relación coas persoas que máis admiredes entrevistándoas, pedíndolles un autógrafo ou algo así.

9d1d311c41b6c57b41605a35e66fecc4.jpg

* Isto indica que teño un problema como entrevistador, que é que quero que á persoa entrevistada lle gusten as preguntas. Quero que sexa unha situación agradable, pero ademais encántame a satisfacción de que che digan “que boa pregunta” ou “nunca me preguntan isto”. Pero iso exclúe todas as posibilidades do extremo contrario. Greil Marcus falaba con Simon Reynolds sobre o tema e dicían isto, que me parece moi importante aínda que non sexa o tema do que quería falar neste texto:

SR: Iso ten que ver con algo que quería preguntar: lembro ler nalgures que paraches de facer entrevistas ao comezo da túa carreira. Das entrevistas, pero case nunca entrevistas a outra xente. Parte do problema con entrevistar artistas, especialmente aqueles ou aquelas dos que a súa música significa moito para ti, é que a verdade aburrida — ou incluso a verdade interesante que simplemente non é relevante para as túas preocupacións e todo o que estás atopando na música e proxectando nela — esa verdade, esa realidade do que motiva ao artista ou o que están tentando facer ou dicir: iso interponse no camiño de todas as cousas que a canción pode ser. Sexa na túa imaxinación, ou na propia vida popular dunha canción cando sae ao mundo. Pero tamén lembro que dixeches que descubriras cedo que non tiñas madeira de entrevistador porque querías gustar. Así que evitabas facer as preguntas difíciles, as preguntas inquisitivas.

GM: Non sei se iso seguiría sendo certo hoxe. No momento no que entrevistei a Elvis Costello [en 1982], tiñamos certa confianza e confiabamos un no outro, así que podía presionalo nalgunhas cousas. E o mesmo con Pete Townshend. Pero sóubeno moi pronto: estaba tentando compracer. E iso é a morte para unha entrevista. Iso non é o seu propósito. Así que sempre admirei a maneira na que outra xente pode parecer que está facendo preguntas estúpidas, desagradables, sucias, provocativas. E desa maneira fan aparecer as mellores respostas. Porque ese ou esa artista dirá “Non, iso non é do que trata! Déixame dicirche de que trata realmente. Nunca lle dixen isto a ninguén, pero non podo deixar así este malentendido.” Non era accidental, era moi astuto por parte de quen fai a entrevista. Tes que ir preparado para deixar que a persoa que entrevistas pense que eres un imbécil. (…)

** Jonathan produciu co seu batería Tommy Larkins Skitter On Take Off, un dos últimos discos de Vic Chesnutt, no que el e Tommy eran todo o acompañamento, e é todo de poñer os pelos como escarpias. Penso que a alguén que é igualmente puro e transparente favorécenlle moito máis os arranxos menos recargados e por iso me gusta moito máis que At the Cut, o disco que fixo o mesmo ano con Guy Picciotto e Thee Silver Mt. Zion Memorial Orchestra.

*** Supoño que Lou Reed era máis ou menos consciente disto cando decidiu que era mellor que Maureen Tucker cantase “After Hours” porque era unha canción “terriblemente triste” e pensaba que a xente non ía crela se a cantase el.

Algunhas cousas sobre o diario de Esposa no Suns Europe

 

02-FOTO_-De-camino-al-Caffe-Central-con-Agata-e-Irma

María e máis eu escribimos para Fantastic Plastic Mag un diario en dúas partes sobre a experiencia de ir tocar con Esposa ao Suns Europe, o festival de cultura en linguas minorizadas, e a residencia artística á que nos convidaron previamente. Bueno, non sei se é exactamente un diario porque o escribimos despois de ter rematado e non diariamente, que non tiñamos tempo, pero creo que si que ten o bonito dalgúns diarios, que é poder falar tanto do vivido eses días como do pensado e o falado. Por exemplo, algunhas discusións aló e a posteriori ao poñer o texto en común foron interesantes: nunha frase que logo quedou fóra puña algo tipo “Aquí somos artistas. Normalmente somos trabajadoras, paradas, opositoras…” e Mar sabiamente comentou que se nós non nos definimos como artistas nunca imos selo. Ao final quedou mellor redactado, pero creo que o que me pasaba pola cabeza ao pensar iso é a ruptura co cotián que supón estar tocando tan lonxe e que a xente te trate como artista e non como alguén que ten un hobby ou algo polo estilo. Canto te podes tomar en serio a ti mesmo se o teu contexto non o fai? Canto ten que ver iso cos cartos? Eres artista todo o rato ou só cando exerces diso?

Tamén falamos sobre o tema da condena á xente de La Insurgencia e a referencia á frase de Emilio José que vén no texto e se podiamos perxudicalo por compartila. Ao final como “ETA non matou tanta xente como España” xa fora publicada en Rockdelux ou La Fonoteca non nos rallamos, pero máis aló diso implicaba unha idea estraña de censura pola nosa parte. Unha canción posta nun disco é algo público, tería sentido renunciar a poñela nun texto por se pode meter en problemas a quen a di? Probablemente estaríamos funcionando como queren aqueles que tentan procesar a artistas pola súa obra ou polos seus tuits. Métennos medo e é un problema.

Tamén me fai pensar se unha canción é política se ninguén a interpreta como tal. Paul McCartney escribiu “Blackbird” en 1968 pero parece ser que ata que non dixo que ía sobre os conflitos raciais da época como trinta anos despois ninguén se deu conta. A canción é preciosa igualmente pero supoño que ninguén ía procesalo porque non ten ningún efecto. No outro caso, Emilio non está procesado porque o que di é unha verdade empírica ou porque non ten a influencia suficiente como para ser considerado perigoso?