Isto chámase Bolsa de patacas. Evidentemente, chámase así porque me gustan moito as patacas fritas de bolsa, pero a cousa vai máis alá. Ter unha bolsa de patacas nas mans dáche a capacidade de estar rillando mentres fas outra cousa, normalmente conversar ou ver algo na tele, e iso calma a ansiedade. Isto é un blog no que colgar cousas que escribo, e escribir tamén é algo que ás veces fago mentres fago outra cousa, normalmente escoitar música, e que calma a ansiedade que supoño que moita xente ten por ser quen é no momento e no lugar no que o é.