Visita a Radio Braña

Ilustración de Meri

O outro día fun poñer unhas cancións a Radio Braña, o meu podcast favorito. Hai outros moitos que me encantan, pero este é especialmente especial para min: eu participei no episodio 2×02, pero se vos fixades non podedes atopar a primeira tempada.

Isto pasa porque a primeira tempada empezou co primeiro confinamento, cando Choche, Esturao e Xurxo (e despois Andrea tamén) comezaron a facer este podcast diario (logo cada dous días, logo cando lle cadrou) ao acabar de teletraballar, bebendo cervexas e fumando pitillos. Puñan temazos, facían publicidade de negocios da braña e acollían dedicatorias entre amigos aos que nos chegaba o programa por correo electrónico. O ambiente está recollido perfectamente nesta ilustración de Camila Viéitez para un directo que fixeron en Acéfala:

Eu escoitábao polas mañás ou mentres ía correr polas escaleiras e polo garaxe, descubrindo moitas cancións estupendas e pasando tempo cos meus amigos cando era difícil pasar tempo cos meus amigos. Agora o programa existe publicamente, teñen unha conta de Instagram e penso que pode ser agradable mesmo para quen non saiba de que vai a cousa. En concreto esta é a lista de temas do noso episodio:

1. Tarántula – Nostalgia del futuro
2. Zeca Afonso – La no Xepangara
3. Suarez – Río Paraná
4. Prissa – Don’t forget
5. Pet Shop Boys & Dusty Springfield – What have I done to deserve this
6. Satin Sheets – Fashion (Esprit 空想 remix)
7. Phil Collins – Take me home
8. Bratzantifa – Almorzo pa 3
9. Wilfrido Vargas – El jardinero
10. Diploide – El presidente
11. Shabazz Palaces – Money yoga
12. Rihanna – Bitch better have my money
13. Sun Ra – Love in outer space
14. Yo La Tengo – Somebody’s in love
15. Cal Tjader – Aquarius
16. Air – Bossa 96 (demo)
17. Miles Davis – On the corner (take 4)
18. Bazongo – Berlingo
19. Os Diplomáticos de Montealto – San Furancho
20. Flaco Jiménez – En el cielo no hay cerveza (in heaven there is no beer)
21. Ennio Morricone – La ragazza del padre
22. Atomic Rooster – Time take my life
23. Columna Vegana – Himno do amor
24. Shaggy – Boombastic
25. Dios Ke Te Crew & Boyanka Kostova – OG
26. FØ Records – A porrallada
27. Tanxugueiras – Terra

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: