Fan fan: Arredor de Ana Kiro

Interésanme moito as cousas que xorden de ser fan. Gústanme moito as emocións fortes que sinto cando admiro moito a alguén, a mestura entre sentir (por exemplo) que Jonathan Richman é un amigo no que apoiarme se me pasa algo e o medo a tentar facer que esa amizade sexa recíproca. Por ser fan de Jonathan penso que escribo como escribo (polo menos ás veces) e fago música como a fago. E o bo é que hai un montón de xente á que lle pasan cousas parecidas, inspiradas cada quen por quen lle cadra, rompendo coa idea de que o fandom é simplemente un mecanismo de consumo desbocado. Para min, ser fan é un motor creativo.

Pensando niso mesmo, quixen investigar máis sobre como a admiración se traduce en cousas na música e arredor, e empecei Fan fan. Agora é un podcast para VINTE, no que acabo de publicar a primeira entrega, que é sobre Ana Kiro e o seu fandom. Podedes escoitala aquí e ler unha peza de acompañamento aquí. Antes foi unha colaboración que fixen no Diario Cultural con Xiana Arias, e da que podedes ler e escoitar as anteriores entregas (sobre Aries, Los Hermanos Cubero e mensaxes de fan) aquí neste mesmo blog pulsando na categoría “Fan fan”.

Estou moi agradecido a toda a xente que é fan e que se presta a falar comigo ou a María Yáñez e a Xiana por cederme un oco para falar destas movidas. E tamén a Meri, que é quen me fixo fan de Ana e quen máis me ensinou sobre ela. A ver se vos gusta!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s