Belo Horizonte / É o que hai

esposa_cristina calvete
Foto de Cristina Calvete

Xacobe traballou de runner nun festival de Madrid e mandounos ao resto de Esposa un audio emocionado porque levara en coche a Yo La Tengo e falara un pouco con eles. Foi moi bonito porque parecía feliz dunha maneira moi pura, penso que a que sae de verte de pronto moi preto de artistas dos que xa te sentías preto e non saír decepcionado de aí. Xa nos pasara algo parecido (pero moito máis raro) cando vimos un vídeo no que compraban o split que fixeramos Monstruo e Vietnam. Uns meses despois Yo La Tengo viñeron tocar a Santiago e desta vez comportámonos como fans Mar, Meri e máis eu: fixemos cola e en vez de levarlles un disco seu para que o asinasen regalámoslles un disco noso, cunha notiña e unha tipografía a man que nos fixo Zé Pequeno porque cadramos con el tomando algo antes do concerto. Ira Kaplan preguntounos onde estabamos e dixémoslle que alí, menos Xacobe que vivía en Madrid. “E como facedes para ensaiar? Por Skype?”, preguntou. “Non ensaiamos”, dixémoslle. El díxonos que non nos preocupásemos, que a eles tamén lles pasara e que era cuestión de paciencia e vontade. Estivemos preto deles tamén e non saímos decepcionados. Máis ben ao contrario.

WhatsApp Image 2020-04-19 at 15.16.59

Conto isto porque Esposa publicamos dous EPs, Belo Horizonte É o que hai, que levaban gravados moito tempo e que falan (sobre todo) de non poder estar preto uns dos outros. Co confinamento supoño que todo o mundo pode identificarse cos grupos que teñen que organizarse sen poder verse. Nós niso temos práctica. A metade do grupo vive en Madrid e a outra metade en Compostela, pero seguimos sendo un grupo. Aínda que a nosa actividade principal sexa ser un grupo de whatsapp para comentar a actualidade política e ofertas de traballo, ou un grupo de fans de Yo La Tengo (de quen facemos unha versión en É o que hai), somos un grupo de música. Un grupo que agora non pode compartir moito tempo, si: das oito cancións que sacamos tres xa saían en compilacións e catro son versións, dúas delas de cancións dun acorde e outra dunha que só ten guitarra e voces. Pero un grupo ao final, porque aínda que os nosos sons se gravasen en sitios a 600 quilómetros sonan xuntos e iso axúdame a sentir que estamos preto uns dos outros (e de todas as persoas das que falan as cancións), e faime moi feliz e quería apuntalo aquí.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s