Tempo libre

cibran_tempo libre_titulo 1

Ao empezar o confinamento púxenme a facer cancións na casa e fedellar cun programa de edición de audio e coas cousas que tiña a man: unha gravadora, un teclado multisonido, unha guitarra eléctrica sen cables nin amplificador e obxectos que había na habitación de miña irmá. Tamén pirateei solos de saxo e outros sons e ideas doutros textos, metín audios de whatsapp e bueno, fixen este EP que me deixaron colgar no bandcamp da xente bonita de Caracol Negro, que admiro moito polas cousas que fan e por como as fan. As cancións soan á cuarentena (é dicir, soan regular e non se entende ben o que din) pero tampouco falan dela maioritariamente porque algunhas ideas xa as tiña de antes e son as cousas que me preocupaban e que supoño que seguirán preocupándome cando isto pase: por que está lonxe a xente que quero, por que non nos tratamos mellor, como imos medrar…

A portada é un debuxo de Meri do sitio no que fixen as cancións. Paseino moi ben facéndoas, aprendendo algo e probando cousas novas como tentar facer algo parecido a unha canción folk ou un rap. Non é tan guai como facer música con amigas e amigos pero non están ausentes de todo, sexa porque soan no medio do barullo ou porque as letras falan deles.

Pasei un tempo pensando como chamarlle ao EP e chameille Tempo libre porque me parecía que tiña varios sentidos bonitos. Pasei máis tempo pensando como chamarme a min mesmo. Non se me ocorreu un seudónimo, pareceume que “Cibri” sería darlle demasiadas confianzas ao posible público e que usar os apelidos era darlle demasiada pouca e tampouco facía tanta falta tendo un nome minimamente raro (aínda que haxa unha chea de Cibráns facendo música en Galicia, un saúdo dende aquí). Así que quedei con Cibrán, na liña de cantantes como Benedicto, Bibiano, Amaia, Cecilia e así.

Escribín uns créditos bastante completos coas cousas concretas que roubei a cada quen, se escoitades o disco podedes botarlle un ollo a iso e ás letras. Tamén roubei cousas menos concretas a Jonathan Richman, Juan Wauters, Faia, Aries, Pantis ou Emilio José e estou moi agradecido á xente que me botou unha man ou unha escoita e me fixo perder a vergonza de compartir isto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s