Fan fan #2: Los Hermanos Cubero, Bill Monroe e as tradicións

hermanos-cubero-1.jpg
Foto de Albert Badia

 

 

 

 

 

Non tiven tempo a escribir practicamente nada no último mes ou así, porque entre o traballo que teño normalmente e outros máis imprevistos non me quedou tempo a nada. Nalgún día destes no que só dá tempo a ir ao choio e ir á compra (que hai xente que nin iso, claro) acordábame do que cantan Los Hermanos Cubero: “por ganarme la vida la estoy perdiendo”. Non é para tanto porque me gusta o que fago, pero supoño que moita xente o pensa nalgún momento. En calquera caso, póñoo como exemplo porque algunhas cousas que cantan os Cubero véñenme á mente en relación a cousas que me pasan ou imaxino que me poden pasar na vida, así que me alegro de ter sacado unhas horas para seguir con Fan fan, a sección que estou facendo agora en Onda Vital, e facelo con eles.

Podedes escoitala AQUÍ.

E tamén podedes lela e ir escoitando os enlaces aquí debaixo. A entrevista que lle fixen a Roberto de Los Hermanos Cubero foi por teléfono e o son non é bo, pero penso que se entende. E senón, o que di transcribino no texto que segue.

Cando somos fans de alguén é habitual que esperte en nós algo que nos leva a imaxinar cousas. É unha cousa que pasa de moitas maneiras. Por exemplo, hai un libro que se chama Starlust no que Fred e Judy Vermorel recompilaron as fantasías secretas de fans nos anos 80, recollidas de cartas e testemuños orais (o libro está publicado en inglés por Faber and Faber con prólogo de Pete Townshend). En moitas destas fantasías as e os fans imaxinábanse compartindo sesións de gravación, unha familia ou sexo en cuartos de baño con Barry Manilow, David Bowie ou Debbie Harry. A cuestión do desexo é importante, pero desta volta quero falar doutro tipo de imaxinación, que é a que nos leva, no caso da música, a facer cancións nós tamén. Cando creamos algo novo inspirámonos noutra xente e, ao facelo, normalmente convertémonos en parte dalgunha tradición. Hoxe quería pensar na relación entre o ser fan e a tradición, e quería facelo a través das cancións e o discurso de Los Hermanos Cubero.

A primeira vez que escoitei falar dos Hermanos Cubero foi porque os vin no Facebook de Luar. Dicían que mesturaban jotas e música country, e iso pareceume curioso pero como son xéneros que non escoito normalmente non lles seguín a pista. Co tempo o seu nome empezou a aparecerme nos medios indies que leo normalmente e engancháronme porque as letras me pareceron moi sabias e honestas, con ese equilibrio especial entre ser ás veces divertidas, ás veces desgarradoras e ás veces críticas. Repasando a súa discografía atopei que a primeira canción do seu primeiro disco se chamaba “Jota para Bill Monroe”, así que aproveitei que viñeron á Coruña para o Festival Noroeste e pregunteille a Roberto (que é o irmán que toca a mandolina) por que lle fixeran esta canción a Bill Monroe e que relación tiñan con el, para ver onde me levaba.

Pues basicamente esa canción nace como una especie de juego, pero de juego serio. Yo quería hacer música de raíz de nuestra tierra, de Guadalajara, de la Alcarria, pero nos gustaba mucho la música de Bill Monroe. Entonces intentamos mezclar ahí todo. Bill Monroe tiene un estilo instrumental muy marcado: le llaman el padre de la música bluegrass, porque realmente él inventó el género. Con el tiempo, con muchos años estudiándole, mi manera de tocar tiene mucha influencia de su estilo. Entonces compuse esa jota para juntar esas dos influencias, no solo a modo de homenajear a Bill Monroe, sino como punto de partida de nuestra propuesta. 

 

O que comenta Roberto pareceume importante por dous aspectos. Primeiro, porque a figura de Bill Monroe está presente xa nese punto de partida, no concepto inicial do que fan os Hermanos Cubero, co cal vemos como ser fan de alguén pode ser unha experiencia crucial para expresarnos artisticamente. Con todo, o realmente especial é o segundo aspecto: esa homenaxe a Bill Monroe non está feita seguindo o seu estilo, senón levándoa cara a jota, co cal a posición dos Cubero en calquera das dúas tradicións coas que traballan principalmente (o bluegrass e o folk da Alcarria) non é a de seguila como é, senón a de inventar para achegala ao que lles é propio. Así sona esa mestura propia na “Jota para Bill Monroe”.

O caso dos Hermanos Cubero podería parecer estraño, pero penso que é un reflexo de como a maneira na que escoitamos música nos leva a sentir como propias tradicións que son completamente diferentes. Se temos sorte, chéganos a música que temos arredor no lugar de onde somos, e ao mesmo tempo acabamos chegando nós a outras que igual non esperabamos. Así, hoxe en día podemos escoitar a Soleá Morente cantando con autotune unha misa de Fernanda de Utrera, igual que nos 80 podiamos escoitar a Antonio Variaçoes cantando un fado de Amalia Rodrigues cun arranxo new wave. Pregunteille a Roberto como chegaran ás tradicións que mesturan:

La música tradicional de Castilla, de Guadalajara, pues la conocemos de estar allí, de vivir allí. Es algo con lo que creces. Prácticamente lo tenemos de nacimiento, lo tenemos en el subconsciente y lo vives allí día a día. La música americana nos viene más de escuchar la radio, ya de más adolescentes, cuando te empiezas a interesar por otras cosas, por otras músicas, nos empezamos a interesar por ese tipo de sonidos. Antes, cuando nosotros empezamos a tocar eran finales de los 80, principios de los 90, que no había tanta facilidad para encontrar discos. La llegada de internet es para todo, entonces no había nada, se valoraba mucho más cuando conseguías un disco americano de algo así. Se apreciaba mucho más, cada disco lo escuchabas millones de veces, te sacabas los solos, transcribías las cosas… más o menos esos son nuestros orígenes.

Creo que esa dedicación, esas pequenas obsesións cunha canción como para querer aprender a tocala e estudala, é algo propio dos fans. Aínda que internet me fai ter unha atención bastante máis dispersa porque a música se volve infinita, lembro cando só tiña tres discos e transcribín a batería dunha canción de Nirvana e outra dos Beatles. Ser fan motívame a investigar sobre a xente que admiro, e nesta investigación sobre os Hermanos Cubero ao que cheguei foi á sensación de que a música sempre acaba sendo parecida. Non no sentido de ser aburrida por repetir o mesmo, senón porque a humanidade leva miles de anos cantando e, por diferentes que sexan as tradicións, cantamos polos mesmos motivos.

Al final es música popular, música del pueblo para el pueblo. Y al final la temática de las canciones también es la misma, se habla de cosas cotidianas de la vida, de las relaciones de la vida, de las relaciones sentimentales, relaciones familiares, cosas laborales incluso… También, aunque sean ritmos distintos, son mayoritariamente piezas de baile, y en los bailes se socializa, se liga… todo ese tipo de cosas. Tienen mucha raíz común, mucha cosa común. Y es por eso por lo que a nosotros nos resulta fácil mezclarlo, porque en realidad tenemos muy claras todas esas similitudes y esos puntos comunes.

Antes falabamos do achegar as tradicións ao que nos é propio, e creo que o gran logro dos Hermanos Cubero é precisamente trascender a imitación das influencias para transmitir cousas que teñan que ver coa súa vida. A orixinalidade non nace do baleiro, senón que aparece cando engadimos a nosa identidade ás cousas que nos gustan, sexa no musical ou no lírico. Por exemplo, Bill Monroe desenvolveu o bluegrass partindo do repertorio tradicional que aprendera co seu tío violinista, pero incorporando harmonías vocais, solos instrumentais ou acelerando o tempo. E, ao mesmo tempo, compuxo un repertorio propio no que aparece constantemente o seu Kentucky natal: máis arriba está “I’m Going Back to Old Kentucky”, pero podería ser “Kentucky Mandolin”, “Kentucky Waltz”, “My Rose of Old Kentucky” ou a súa canción máis famosa, “Blue Moon of Kentucky” (unha das primeiras cancións que gravou Elvis Presley). Cos Cubero sucede algo parecido no referente ás letras:

Os Cubero non falan de Kentucky, que seguramente sería algo ridículo, senón que falan da Alcarria, a comarca castelá da que proceden, como neste tema que se chama “En la Alcarria para siempre”. Dese xeito penso que a emoción é máis verdadeira: aínda que nós non sexamos da Alcarria ou saibamos onde quedan Maranchón ou Cebreros, os topónimos fano máis real, máis sentido. Este achegarnos ao propio non é só xeográfico, senón vital. Por exemplo, as cuestións laborais guiaban o seu disco Arte y orgullo e nel podían dialogar con outras maneiras de abordar o traballo na tradición, como recuperando “Ya se está poniendo el sol”, un canto de segadores no que se di que se o sol fose xornaleiro non madrugaría tanto. Ao tempo, tamén falaban da inacción dos sindicatos no sector do “metal, construcción y afines” no que traballan na vida diaria, e incluían un par de versos que para min son do mellor que se ten cantado sobre traballo e plusvalía: “soy parte de un porcentaje de unas cuentas financieras / los millones los creamos muchos ceros a la izquierda”.

En “Trabajando en la MCA”, os Hermanos Cubero fan un guiño a Lynyrd Skynyrd, que en “Workin’ for MCA” falaban da súa relación coa discográfica, pero mesturan iso coa estrutura de repetición de versos que se cadra tamén nos sona da nosa propia tradición. Unha tradición que, como todas, tamén aborda o traballo. Podemos velo escoitando a Carmiña Fernández Mariño cantar “nesta fábrica Massó / me estou deixando a vida, mira / mira Maruxiña, mira / mira como veño eu / de tanto empacar sardiña / teño as manciñas perdidas, mira / mira Maruxiña, mira / mira como veño eu”.

Todo o mundo en Galicia coñece a melodía do andar miudiño de cantala ao beber, pero en Asturias é máis coñecida como o himno mineiro “En el pozo María Luisa”, e neste caso Carmiña Fernández Mariño canta sobre o seu traballo na fábrica de Massó no Morrazo*. A mesma melodía expresa cousas ben diferentes porque decidimos que a tradición serve para falar das nosas vidas. O interesante de todos estes exemplos é, precisamente, que nos manteñen ligados a ese pasado ao tratalo como algo aplicable ao presente e non só como un recordo a conservar**.

Está muy bien dejar constancia de cómo fue en un determinado momento, en un determinado sitio, cantado o tocado por determinada persona en una determinada zona, pero a nosotros nos interesa más quedarnos con la esencia de las cosas. Es como el violín de Stradivarius: hoy en día se siguen tocando. Y aunque valen millones y es peligroso llevarlos por ahí todo el día, se siguen tocando porque son instrumentos que tienen cosas que decir. Entonces, para nosotros la música tradicional viene a ser lo mismo. Podríamos intentar conservarla tal como fue en un momento dado, pero realmente la tradición nunca ha sido fija, entonces no hay una manera definitiva de la música tradicional. Un dulzainero de hace setenta años tocaba de una manera, y hace cuarenta años pues tocaba como ese de hace sesenta y con otras cosas más que aportaba él propias. Para nosotros es importante aportar la personalidad nuestra y el momento que estamos viviendo. Si eso puede considerarse a lo mejor modificar la tradición no lo sé, pero nos interesa más comunicar cosas que crear piezas de museo.

Aínda que pareza estraño dicilo de primeiras, ser fan non deixa de ser unha maneira de aproximarse á tradición. Creo que a través dos Hermanos Cubero, o que vemos é como o interesante é que a arte que sentimos como propia sexa o punto de partida para a nosa imaxinación. Desa maneira é como podemos ás veces compoñer as cancións que necesitamos nun momento dado, complementando as que xa existen. O último disco dos Cubero, Quique dibuja la tristeza, para min é un exemplo disto en como se enfronta á perda a través da música, así que quería acabar a sección cun anaco dun tema que se chama “Tenerte a mi lado”, no que xa nos esquecemos de calquera tradición e referente.

* Isto descubrino a raíz da investigación que anda facendo Xurxo Souto e da que falou nun Café da Memoria do Museo do Pobo Galego. No enlace do Diario Cultural no que se escoita a canción de Carmiña Fernández Mariño podedes saber máis sobre o tema.

** Sobre isto lin e escoitei dúas cousas estes días que me fixeron aprender moito arredor desta idea da tradición e para que nos serve: unha é o artigo “Quando o povo baila… está a pensar en ser observado?” de Andar cos Tempos que publicou Sobre as cousas, e que está moi ben para pensar que é o que hai detrás de cando dicimos que algo “sempre se fixo así”. A outra é a última entrega da sección O lume, non as cinsas, tamén en Onda Vital, na que Faia Díaz falou sobre o “Dedín Dedín” e as cancións infantís, incluíndo as variacións que tiveron, teñen e aínda poden ter.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s