Fan fan #1: Aries, Brian Wilson, Hannah Arendt

30624ac048fd4e2ebd20994ed155ed25.jpg

Volve haber Onda Vital na Radio Galega e volvo colaborar con Xiana, desta vez empezando unha sección nova arredor das cancións de fan, a influencia entre artistas, as tradicións, a orixinalidade… Empeza con Aries falando arredor de Brian Wilson (na foto con Van Dyke Parks) ou Hannah Arendt.

Podedes escoitar o podcast da sección AQUÍ e o programa enteiro (con recital de Samuel Solleiro e Matías Tarrío falando de Lixo Urbano) AQUÍ. Se preferides ler o texto e escoitar as cancións só tedes que seguir cara abaixo. A sección chámase ‘Fan fan’ e vai empezar cunha sintonía caseira que fixen coas miñas compañeiras de Esposa Meri e Mar.

Todo o mundo é fan de algo. Ás veces falamos do fandom como se fose unha simple relación de consumo, ou peor, como se fose fanatismo perigoso. Pero ser fan é unha cousa marabillosa porque sempre é un proceso creativo. Non estou falando de cando simplemente nos gusta unha película ou unha canción, senón do momento no que sentimos unha conexión profunda cunha obra e con quen a fixo. Por exemplo, hai unha canción de Jeff Tweedy que se chama “Please Tell My Brother” que me fixo chorar algunha vez.

A canción fala da familia dende a distancia, fala dese amor que se sinte pero non se di… Cando a escoito, non penso na familia de Jeff Tweedy. Penso en miña irmá e meus pais, e pasa a haber na canción tanto de min como de quen a fixo. Isto é máxico, e ao mesmo tempo é algo que estou seguro de que lle pasou a todo o mundo con algunha obra de arte. Usamos os nosos sentimentos e a nosa imaxinación para completar o que alguén creou, para interpretar o que nos dixo. E esa creatividade ás veces dá pé a novas cancións que veñen continuar ese diálogo. Chameille a esta sección “Fan fan” porque os fans fan, as fans fan cousas novas dende esa relación coa xente á que admiran e quero saber as emocións que saen da experiencia que temos da arte.

Pareceume que para empezar a tratar estes temas sería perfecto facelo con Isa Fernández Reviriego. Primeiro porque son superfan dela, pero tamén porque a súa obra transmite ese carácter de fan en todos os seus aspectos: vese na súa música como Aries, pero tamén no seu blog Magia Bruta ou no seu libro Un Rayo Ultravioleta. Ou se falas con ela, claro. Por exemplo, Isa é fan de Juan y Junior, de William Morris, de Miguel Hernández, de American Spring… Quedei con ela e pregunteille que tipo de relación tiña con esa xente da que é fan.

Aries-01-900x669
Foto de Helena Exquis

Aries: Yo creo que la función principal del arte es comunicarse. Es la comunicación entre los seres humanos. Entonces yo siento que todas las cosas de las que soy fan me apelan, se comunican conmigo y me hacen sentir parte de algo, como acompañada en el mundo… Y también son ejemplos a seguir y me animan a tomar mi propia iniciativa.

Cando unha canción nos afecta profundamente, non é raro que sintamos as ganas de facer música nós tamén. Esa iniciativa que nace case sempre empeza sendo en forma de versións, que son a maneira máis habitual de recoñecer unha influencia. Aries ten unhas cantas, e a min se cadra a que máis me gusta é esta de “The India Song” de Big Star.

Pero esa relación de emoción e identificación non só ten que ser con xente que tamén fai cancións. Tamén pode darse coa literatura, como na adaptación que Isa fixo de Apollinaire no tema “Las constelaciones”. Parece que a idea do fandom apareceu no século XX, e entón faise raro falar de ser fans de xente que escribía no XIX ou que está fóra da cultura popular, pero as liñas da influencia danse en moitas direccións. Por exemplo, en 2007 Isa xa escribira con Charades “Hannah Arendt”, un tema que recollía a influencia desta filósofa, e pregunteille como cambiaba a influencia cando, en lugar de darse entre xente que fai música, se dá entre xente que vén de ámbitos creativos diferentes.

Aries: No cambia mucho. Siguen siendo referentes a la hora de hacer las cosas. En el caso de Hannah Arendt, la canción hablaba del perdón y yo justo en ese momento la estaba estudiando en la universidad y estábamos hablando de la noción que tiene ella del perdón. Que el perdón era la puerta que hacía que las consecuencias de tus acciones no te persiguieran toda la vida. Por eso lo utilicé, y aparte me flipa Hannah Arendt, que sea un referente femenino en la filosofía, y me había leído Eichmann en Jerusalén y me parecía una manera de reivindicarla. En el caso de las referencias musicales te influyen a la hora de producir la música en si, la estética de tu música, y las otras son más a nivel conceptual o en las letras. Supongo que esa es la diferencia.

Arendt.jpg

Así sona Hannah Arendt:

Ademais de aquí, a relación máis pura de fan nos temas de Isa atópoa en “Adieu or die”, o tema que daba título ao seu penúltimo disco.

“Adieu or die” comeza cun sampler de Maruja Mallo collido do documental Mitad ángel, mitad marisco, e inclúe tamén samples de Brian Wilson. Precisamente del sae o nome do tema, tirado dunha frase de “Surf’s Up”, a canción dos Beach Boys que co-escribiran Brian e Van Dyke Parks. Tamén lle preguntei a Isa por que algunhas influencias, como a de Maruja e a de Brian, se filtran de forma máis explícita na súa obra, nos títulos ou no propio son.

Aries: Son cosas que me tocan superprofundamente, y en los momentos en que estaba haciendo esos discos, esas canciones, estaban suponiendo algo muy fuerte para mí. Me estaban flipando, me estaban animando a hacer yo mis propias cosas y formaban parte de ese momento. Los discos al final son como un reflejo de un momento vital, de tu coyuntura en ese período de tiempo, y todas esas influencias son protagonistas también de mi vida en esos momentos. Y también me interesa compartir eso con la gente, y que la gente los conozca. Quiero decir, hay mucha gente que los conoce, pero también hay gente que no… gente joven, que me ha escrito para decirme “oh, descubrí Pet Sounds porque tú hablabas mucho de ellos…”. Y eso a mí me parece muy bonito y me interesa que se esparza por el mundo, mejor que otras cosas. También lo hago por eso.

la-foto-1.jpg

A influencia de Brian Wilson percíbese ben nas cancións de Aries, que tamén teñen as melodías como elemento central, melodías que están entre o fráxil e o poderoso e que moitas veces son cantadas en xogos de harmonías de varias voces… Pero cando somos fans a influencia vai máis aló e afecta na vida. Ademais de coller a voz de Brian Wilson e a frase para o seu título, Isa fixo un fanzine chamado El rábano radiante no que falaba da canción “Surf’s Up” e chegaba a contar como lle atribuía á canción un poder curativo, ademais de detallar as propias conexións da letra con poemas de Alfred Tennyson ou William Wordsworth e sinalar cal era a súa favorita de entre todas as versións da canción: esta de Brian Wilson só ao piano.

Paréceme moi bonito o relato que Isa fai no fanzine de como a canción a acompaña ou a calma, porque a música, fronte a outras artes, ten unha capacidade máis grande de acompañarnos no tempo. Esa compañía ela faina explícita na súa música cun recurso perfecto para as cancións de fan, como é o sampleo:

Aries: El sampleo tiene una cualidad muy guay, que es que coges algo en lo que estaban tocando cinco personas, por ejemplo, y tu los metes en tu canción. Estás cogiendo a un montón de gente y la estás uniendo a tu sonido.

Nese sentido, non deixa de ser bonito que Isa samplee a Maruja Mallo e Brian Wilson pero tamén ao seu can Chicho ou a amigas e amigos dentro dese montón de xente que se une ao seu son, por exemplo neste “Un día cualquiera” de Juramento Mantarraya. Igual que as nosas persoas favoritas nos acompañan na vida e no pensamento, escoitamos as nosas cancións favoritas ao longo do tempo e en diferentes lugares, ás veces medrando con nós. Eses referentes que temos poden converterse en heroes, pero tamén podemos sentilos como amizades, aínda que Brian Wilson non nos coñeza a nós. Porque se a arte é comunicación non podemos evitar sentir que hai unha persoa detrás que nos fala.

Aries: Yo por ejemplo, a Brian Wilson le quiero, tío. O sea, tengo cariño hacia su persona, que igual era un cretino, y sé positivamente que ha sido un cretino en ciertos momentos de su vida, pero hay veces que veo vídeos de él y lloro, porque me supera la belleza de lo que hace… es tan complejo y sencillo a la vez, es tan bonito… Es tan increíble que lloro, y le tengo cariño porque siento que es algo que me ha acompañado durante toda mi vida, que me ha ayudado en momentos en los que estaba fatal, y es como que a esa persona le debo algo. No sé, sientes amor al final.

En definitiva, o que di Isa é outra mostra de que ser fans non é unha cuestión trivial. Ao falar do fandom estamos falando de comunicación, de compañía e de amor. Cando falamos de namorar dunha canción pode parecer unha metáfora, pero ao final o proceso ten moito en común: temos ganas de coñecer, damos importancia a cada detalle, damos voltas na cabeza a cada xesto e chegado un punto aquelo que queremos pasa a ser parte da nosa identidade. Unha identidade que non nace da nada, senón que existe porque existiron outras cousas antes e continuará inspirando a existencia doutras cousas despois.

Aries: Yo creo que la cuestión es que tú crees tu propio universo a partir de todas esas cosas que te gustan. Es lo que hablábamos también hace tiempo de Caetano Veloso, lo que decía de los tropicalistas, de mezclar tus influencias con tu propia realidad. Y entonces es cuando se da un pasito más, y aportas tú algo a algo que ya existía. ¿Sabes también lo que es superbueno de eso? Por ejemplo en “Surf’s Up”, que hay referencias a mil movidas. Joder, es como que es una manera de hacer justicia y decir: antes que tú ha habido un montón de gente luchando para que tú puedas hacer ahora lo que haces. ¿Sabes? Para que seas libre de poder hacer la música que quieres, abriendo el camino. A mí me parece importante y superbonito.

A min tamén mo parece, e por iso pensei que estaría ben pechar este diálogo con Isa e co seu universo escoitándoa cantar un tema dos Beach Boys, “Don’t talk”. Vémonos noutra!

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s