Xente bonita #1: Pepe das Flores, Toni Colombo e Mar Catarina

O verán pasado convidáronme ao Chanfaina Lab de San Sadurniño e fun con Toni facer unha peza alí, que acabou sendo sobre el, sobre Pepe das Flores e sobre Mar, que estaba alí para facer outra peza que acabamos protagonizando Toni e máis eu (e que, cando sexa pública, será un complemento guai para ver con esta). Outra vez, non puiden evitar poñerlle o nome “Xente bonita” pola canción de Lamprea Explosiva, que sona ao final.

Toda a información sobre a peza, que significa e por que é como é, está aquí, na web de Fálame de San Sadurniño. Só quería engadir que adorei o Chanfaina porque, dentro do contexto xeral do que son os eventos cinematográficos, paréceme mellor que calquera outro por ser antixerárquico (mesturando as pezas de cineastas de prestixio coas de alumnado de instituto ou xente do concello) e por estar centrado en crear comunidade e facer que a xente teña capacidade para expresarse a través do cine.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s