Entrevista a Leo Sousa

finalbarrenderossss_606

Leo Sousa é un dos meus artistas favoritos. Aquí arriba podedes ver un collage que fixo para El Cosmonauta Tropical que me encanta, e podedes ver case todo o que fixo na súa web ou nas súas redes. Sempre me fai cuestionarme cousas, fala da miña realidade dunha maneira crítica e non me aburre nunca. Reaprópiase e modifica imaxes dunha maneira que me gusta moito, e ademais ten humor, que sempre é máis fácil ser superserio. Fíxenlle unha entrevista para VINTE falando do seu traballo, e eles tamén lle encargaron a primeira ilustración da colección que acaban de arrincar. Eu non sei moito de ilustración nin de deseño pero si que había bastantes cousas polas que tiña curiosidade, como a cuestión de facer arte popular ou as implicacións de traballar por encargo en vez de desenvolver obra autónoma.

Aquí debaixo póñovos unha cita do que saíu publicado:

Se poño un peixe tento que sexa un peixe que recoñeza todo o mundo. Non sei se me explico: se son un especialista en peixes [risas] igual coñezo moitas especies de peixe que á xente lle resultarán alleas. Eu tento que o que fago sexa o máis popular posible, que as imaxes poidan recoñecerse a primeira vista, e aí radica a forza. Hai imaxes que xa evocan a calquera un impacto, porque teñen unha carga simbólica moi forte, e non teñen que ser unha cruz cristiá ou unha esvástica: unha cafeteira evoca moito, e unha cafeteira italiana, que usa todo o mundo, vai evocar máis que unha cafeteira de deseño de cores, que será máis allea.

E outra do que quedou fóra da edición:

Se enfocase o meu traballo como unha actividade artística, artística de museo ou de exposición, de estudio, iso sería interesante porque podería traballar sobre ideas, traballar sobre técnicas e de aí extraer as cousas. Aínda que siga pensando a arte gráfica como algo práctico paréceme interesante aplicar outras estéticas máis contemporáneas a min ao resultado final. É máis arriscado. O que me preocupa é que ves que moitas veces quen as aplica son movementos hipervangardistas que non entende nin Dios e que son moi pechados en si mesmos, ou Nike e as grandes marcas. Ou ves grandes estrelas da música e grandes divas que usan ese tipo de recursos, pero realmente boto en falta que se use dunha forma máis popular. Ou cunha mensaxe máis popular detrás, polo menos. Que non sexa tanto unha hiperabstracción vangardista ou a venda dun produto. Pero as grandes marcas usan ese tipo de ruídos porque saben que funcionan. O glitch obviamente funciona, porque por un lado ten un punto de que mola e non sabes moi ben por que. Ten un punto de que é algo novo, diferente… Pero bueno, as grandes marcas usan o glitch e ao mesmo tempo usan a fotocopia, esas tramas de serigrafía… A publicidade usa moito iso porque está xogando con emocións. Iso é o que quería dicir antes co ruído. Eu creo que o ruído suxire emocións. Ti miras os filtros de Instagram e ofréceche filtros imitando foto analóxica. Tes un filtro do século XXII? Non, tes un filtro de principios do século XX, cámara lomográfica ou non sei que, porque son emocións, son recordos que aínda que non os vivises (que eu non os vivín, que nacín no 90 e non teño tanta bagaxe dese tipo de imaxes) telos igual en base á cultura da televisión, a cultura dos libros…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s