Arrincou VINTE

Xa está online VINTE, unha nova revista online de cultura, tendencias, sociedade e cousas así. Na portada ten cousas como o vídeo de Chicharrón na feira de Carballo que puxen aí arriba porque me gustou moito velo, e eu colaboro cunha previa pequena do festival Novos Cinemas. Na carta da redacción, María Yáñez explica ben a quen apela o proxecto:

Para persoas adultas que buscan novos estímulos comunicativos, que ven no galego unha diferencia que lles é propia (falen galego ou non) e que o reciben como algo refrescante cando se usa para falar das cousas que lles gustan (ou, mellor aínda, das cousas que lles poidan sorprender), chega VINTE. Unha revista ou plataforma dixital de contidos multimedia, con temática ampla arredor da sociedade actual, da cultura popular, das tendencias globais e locais. Na que os protagonistas serán as persoas e os lugares, pois somos xente e somos territorio: vilas, aldeas, barrios e tamén o planeta enteiro, alá onde os millennials seguen a emigrar. E na que os contidos van nacer e distribuirse nas redes adaptándose ás novas formas de consumo.

A min faime ilusión porque teño a sensación de que os medios en Galicia, en xeral, dan unha idea de todo bastante terrible, guiada por cousas como o paletismo de “un gallego triunfa en Londres/Nueva York/Berlín”, contidos culturais con case todos os nomes mal escritos, informar máis do Premio Planeta que do que pase ao lado da casa, centrarse nunha creación que apela a señores maiores e en xeral moitas cousas que non son nin divertidas nin interesantes (con excepcións, claro) e isto por agora paréceme que promete xusto o contrario. Vós diredes!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s