Entrevista a Travesti Afgano

Ademais daquela entrevista a Contenedor de Mierda que vos contei por aquí hai un par de entradas, fixen outra máis para o blog do Galician Bizarre. Foi a Travesti Afgano, e houbo varias cousas coas que quedei especialmente contento. Unha é a introdución, que creo que di cousas bonitas deles sen ter que esaxerar nada para facer apoloxía, e outra son varias das súas respostas, que creo que resumen unha maneira moi necesaria de entender a galeguidade.

Rafa: Eu sintome galego, pero dos de antes das invasións romanas, e dos que viviron no tempo dos suevos no primeiro reino de Europa, considérome atlántico.

Camilo: [O sitio de onde somos] Inflúe en todo e en maior medida que calquera outro factor. De feito é o factor. Imaxínate a Siniestro Total sendo de Valladolid, meu Deus, serían patéticos, lamentables, esa xente non ten puta gracia, está amargada. Existen grupos en Valladolid? Había uns mods que me molaban, pero era un grupo de exercicio de estilo, poderían ser de Valladolid ou de Sidney e o resultado iba ser o mesmo – impersonal-.

Podedes lela aquí. Inclúe tamén respostas moi interesantes sobre o costumismo, os seus recopilatorios favoritos ou o goberno Feijóo.

Xa que ides polo blog do Galician Bizarre non perdades o artigo que fixo Nuno Pico sobre o seu descubrimento das bandas que estaban no volume 2.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s