Fóra de contexto. Ciclo de cine turista

cine de veran2017.jpg

Fixen a programación do ciclo de cine de verán do CGAC deste ano como parte da colaboración entre o museo e o Cineclube de Compostela. Escribín un textiño tentando explicar o interese do tema: películas sobre turistas. Nesta foto da sesión de Mystery Train calculo que son unha das cabezas cortadas en primeiro plano xunto a Esturao e Camila.

O cinema naceu viaxando. Aos dous anos de ter presentado o invento, os irmáns Lumière tiñan operadores filmando todos os continentes para un público entusiasmado coa idea de coñecer o mundo sentado nunha sala escura. Co tempo, a experiencia do turista volveuse accesible para o común da xente, e as películas pasaron de ser fermosas postais de lugares exóticos a contar tamén os relatos desas persoas que abandonan a casa para situarse fóra de contexto. Ten sentido, xa que a labor do turista e a do cineasta é a mesma: mirar.

Así, estes seis filmes son, por unha parte, a escusa para aforrar cartos e mirar Memphis, Mohang, Venecia, as Illas Eolias, as montañas de Xeorxia ou Viena dende o asento. Pero tamén para observar aos turistas dende distintas perspectivas. Ás veces os viaxeiros son un elemento que altera o equilibrio previo entre un lugar e os seus habitantes: Defensa deriva esa tensión cara o terror para uns arrogantes excursionistas que desafían a natureza da Norteamérica profunda, mentres Noutro país converte os malentendidos e a estraña liberdade que dá o choque lingüístico nun humor onírico pero lúcido. Outras, os turistas poden ser o que non son na súa vida diaria. Viven excitados, abertos á casualidade do romance (como en Antes do amencer), ou á imaxinación e ao xogo (como en Querido diario), pero tamén á decepción de non cumprir as expectativas: Mystery Train opón o mito de Elvis visto dende fóra á misteriosa realidade dun Memphis descoidado, e Katherine Hepburn cruza o Atlántico coa esperanza de que Venecia lle cambie a vida en Tolemias de verán. A frustración ven ás veces de quedar na postal, na superficie das cousas, pero a mirada destes cineastas atopa no turismo conflitos profundos, drama e comedia, ata facer que as viaxes merezan a pena.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s