Paxaradas Subt: “Fallen Down” de Epic Soundtracks

epic.jpg

Xa expliquei noutra entrada o que era Paxaradas Subt. Esta é outra das cancións que subtitulei, e que me flipa como todo o que escoitei de Epic Soundtracks dende que o descubrín nunha Rockdelux. Dáme moita pena que tivese un final tráxico porque me parecía unha persoa moi riquiña. Neste enlace está unha entrevista moi boa que lle fixo ao seu ídolo Alex Chilton. Debaixo, o clip coa canción subtitulada e o textiño que a acompañaba. Para colaborar co proxecto: paxaradassubt@gmail.com.

“Fallen Down” é unha canción que me obsesionou por como empeza, dende o primeiro segundo, preguntándose cal é o seu propio sentido, para que serve escribirlle unha canción a alguén que non está. Ademais, din que é a primeira canción na que se atreveu a cantar, porque non cría na súa voz, e as cancións sobre dúbidas sempre son interesantes entre tanta canción sobre certezas. Logo no final entendía algo como “Hey, now baby”, que realmente é como non dicir gran cousa, e nunha transcrición da letra que atopei en Internet poñía “Faith not fading” (“a fé non esvaece”, máis ou menos), que sería un final optimista. Pero é moi difícil de distinguir de “Faith now fading” (“a fé esvaece agora”, máis ou menos), que sería un final derrotista, así que a tradución é un pouco subxectiva.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s