Paxaradas Subt: “You Can Have a Cell Phone, That’s OK But Not Me” de Jonathan Richman

richman.jpg

Xiana tivo a idea de facer unha canle de YouTube con cancións subtituladas ao galego e díxome se quería facer algunha, así que o primeiro que pensei é que tiña que ser de Jonathan e fixen “You Can Have A Cell Phone That’s OK But Not Me”, que me parece incrible pero non é a típica canción que dirías que é incrible porque vai de usar teléfono móbil ou non en vez de ir sobre o amor ou a morte. Jonathan tamén ten cancións incribles sobre iso, pero pareceume máis importante destacar unha que vaia sobre as cousas pequenas das que case ninguén fala nas cancións. Aparte da tradución logo engadimos debaixo un textiño sobre o tema. O proxecto está agora un pouco parado, pero ao mellor nalgún momento repunta así que apunta se queres o correo ao que mandar algunha tradución ou ofrecerte a colaborar editando o vídeo: paxaradassubt@gmail.com.

A min emocióname moito como Jonathan Richman é tan capaz de facer cancións sobre os grandes temas (o amor, a morte, a amizade) como de facelas sobre as cousas máis pequenas e cotiás (“You’re Crazy for Taking the Bus”, “My Jeans” e a miña favorita “Papel de Chicle”). Estou seguro de que el non fai diferencia, e por iso tamén é capaz de emocionar de moitas maneiras diferentes e desmontar prexuízos. Nesta canción en concreto é gracioso: Jonathan pasa dos móbiles e explícao usando o vello truco de dialogar consigo mesmo en plan:

– Jonathan, pero van quitar os teléfonos públicos, que vas facer entón?
– Xa verás, voucho explicar.

Non sei, é brillante, é importante, e ninguén máis ía facer unha canción sobre o tema.

Un comentario en “Paxaradas Subt: “You Can Have a Cell Phone, That’s OK But Not Me” de Jonathan Richman”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s